Comarcas

Tui contará cunha nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco

Os traballos, que xa comezaron, estarán rematados no primeiro trimestre de 2024

Tui contará cunha nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco

O Concello de Tui continúa coa mellora dos parques infantís e áreas de lecer e arestora está executando unha nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco, en Randufe. O proxecto, que segue os criterios do Plan Ágora, suporá a
transformación desta zona creando un espazo para o gozo de toda a familia con múltiples opcións.

Asi, o investimento previsto ascende a 298.653,69 €, dos que a Deputación Provincial aportará 287.648,75 € con cargo ao Plan Concellos 2022- 2023. A obra foi adxudicada á empresa Construcciones, Obras Y Viales S.A. (COVSA) e ten un prazo de execución de tres meses.

Traballos

Os traballos comezaron coa retirada do mobiliario, luminarias e coa preparación das superficies existentes de formigón. Ademais, o terreo está a ser nivelado e instalarase a canalización de pluviais e do sistema de rego. Completada esta fase procederase a instalar os diferentes elementos lúdicos, bancadas, novas luminarias e un tótem informativo.

Parque infantil de seguridade vial

Construirase un parque infantil de seguridade vial cun circuíto para a aprendizaxe dos máis pequenos. Non faltarán elementos tradicionais nestas áreas coma randeeiras, tobogáns xunto a elementos novidosos de xogos, adaptados a todas as idades e capacidades. Renovaranse as pistas deportivas, haberá biosaudables, espazo para bicicletas e crearase unha zona delimitada de aparcamento. Non faltará as zonas verdes ao longo deste espazo, que se integrará co actual palco e o lavadoiro de As Chans que foi recentemente restaurado.

Te podría interesar