Comarcas

Aberto o ‘Mercadillo de Nadal’ do Porriño

Dende este luns e ata o 7 de xaneiro

Aberto o 'Mercadillo de Nadal' do Porriño

Logo do acendido das luces e instalación de decorado de Nadal, o inicio da música das rondallas e outras actividades propias destas datas, quedaba por inaugurar o mercadillo de Nadal no Porriño. Pois xa está: dez casetas de madeira instaladas na Praza do Cristo están abertas público en horario e mañá e de tarde ata o domingo 7 de xaneiro, no que se ofrezan produtos artesanais, decoración, alimentación, complementos ou agasallos, entre outros artigos, todos eles relacionados co Nadal.

Nesta primeira quenda, que se prolonga ata o 27 de decembro, os dez postos son os que seguen:

1.         Rosquillas, garrapiñadas, algodón de azucre, gominolas, mazás de caramelo.

2.         Coleccionismo de Playmóbil principalmente con temática de Nadal

3.         Complementos de tela feitos a man (bolsos, chaveiros, coleteiros, accesorios de bebé, bolas para as árbores personalizadas e detalles para regalar.

4.         Accesorios feitos a aman de resina con flores naturais encapsuladas, recollidas e prensadas a man. Pendentes colares, aneis e marcapáxinas, pendentes de madeira feitos a man, serigrafiados.

5.         Artesanía en pel, madeira, produtos de entretemento infantil.

6.         Bocadillos, empanadillas, creps, doces, etc.

7.         Mel, polen, cera, xabóns de mel, velas, etc.

8.         Roupa infantil fabricada en Galicia.

9.         Dragóns moldeados con deseños propios, marcos para decoración con pezas de resina feitas a mano, diorama de pokemon con luz e sen luz, complementos relacionados coa fantasía, ovos de dragón no seu baúl, etc.

10.       Sacos térmicos, xoiería artesanal, xoiería macramé, ambientadores, tarros de cristal.

O horario de apertura dos postos é de luns a xoves e domingos, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas; os venres e sábados, de 12.00 a 22.00 horas; os días 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro abrirán só de mañá e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro permanecerán pechados

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.