Destacados Vigo al minuto

Concurso de fotografía para denunciar as deficiencias nas instalacións municipais

Aberto a todo o público

Concurso de fotografía para denunciar as deficiencias nas instalacións municipais

A Sección Sindical da CIG no Concello de Vigo vén de convocar un concurso de fotografía para denunciar as deficiencias existentes nas instalacións municipais tras as reiteradas queixas polo estado de abandono no que se atopan moitas das dependencias. A iniciativa consta de tres categorías e contempla agasallos para as mellores imaxes presentadas en cada unha delas.

Pingueiras que hai que recoller en caldeiros…

Na central sindical explican que hai anos todas as instalacións municipais sofren a falta de mantemento necesario para paliar os efectos do paso do tempo. No caso do edificio do Concello na praza do Rei, “a cidadanía e o persoal sofren constantemente as pingueiras que hai que recoller con papeleiras e caldeiros, mais a humidade esnaquiza a tarima e a pintura das paredes cae”.

…temperaturas de máis de 30 graos…

Así mesmo, carece de climatización e no verán sopórtanse temperaturas de máis de 30 graos; mentres que no inverno, ao acender a calefacción, hai oficinas que teñen que abrir as xanelas xa que a temperatura é imposíbel de regular.

…ou abandono dos pavillóns e do Parque Central de Lavadores

Tamén o resto de instalacións sofren estas deficiencias por falta de mantemento, como o caso dos pavillóns municipais ou do Parque Central de Lavadores. Unha situación derivada -segundo censura a CIG- DE prever no orzamento municipal unha partida razoábel para poder manter as instalacións cun mínimo de habitabilidade. Até o punto de que “mentres a cidade se enche de luces led hai oficinas nas que non se pode repor un fluorescente por falta de material”.

Isto fai que, por exemplo, sexa habitual que cando chove a cidadanía que acode ao á praza do Rei a realizar xestións se atope con caldeiros na entrada do Concello e con sinais de que o chan está húmido.

Por iso a sección sindical da CIG no Concello de Vigo, “que leva xa tempo denunciando esta situación“, querea proveitar o tempo do Nadal para que todas as persoas que acudan ou traballen en dependencias municipais “nos fagan chegar fotos nas se vexan esas deficiencias”.

‘Auga por metro cadrado’, ‘O meu lugar de traballo non é vello, é vintage’

As imaxes que se reciban serán divididas en tres categorías: ‘A maior cantidade de auga por metro cadrado’, ‘A eficiencia enerxética: ese misterio do futuro’ e ‘O meu lugar de traballo non é vello, é vintage’. E a mellor de cada unha destas categorías recibirá un premio: un paraugas, unha axenda e unha mochila.

También te puede interesar