Nas súas primeiras 24 horas de vida
Leer másPara ensaiar, Vigosónico
Se tes un grupo e queres un sitio onde ensaiar, recorda este nome: Vigosónico. Así se chama o complexo de actividades musicais que se está a construir nas inmediacións do parque tecnolóxico de Valadares e que prevé abrir ao público no primeiro trimestre de 2011. E hoxe presentou a súa imaxe, unha imaxe que quere identificar o local cun referente cultural de Galicia.
As cores do logo, azul, verde e laranxa, as cores que se cre que reflicten os valores da mocidade: mar, tecnoloxía, modernidade, natureza, xuventude, ledicia, enerxía, estímulo e entusiasmo. Incluso se utilizaron dous tipos de letra, unha máis rompedora e outra máis uniforme para manter a harmonía e encher o ollo.