Xa pasaron 180 días desde que Raúl Francés tivo que deixar o seu cargo como rexidor do Porriño tras unha moción de censura que deixou a Nelson Santos, de Ciudadanos por Porriño, como novo alcalde. Seis meses que os tres partidos que conforman o novo equipo de Goberno califican de “éxito rotundo, polo que é o momento de reunificación para que nos vindeiros comicios todas as sensibilidades do centrodereita estean agrupadas baixo as siglas do PP”.
E esa é a estratexia de cara as próximas municipais, en maio do vindeiro ano: unirse e traballar como un único equipo baixo as siglas do Partido Popular non como un pacto dun ano, senón coma proxecto de futuro. Nunha comparecencia pública, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, fixo un balance “altamente positivo” que acadou “un goberno único, unido, sólido e plenamente integrado que foi quen de impulsar o verdadeiro cambio no Porriño”.