A Xunta manterá a partir do 1 de xaneiro o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol.
O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a orde que permite continuar con estas bonificacións do 50% no transporte público autonómico, que se aplicará sobre as tarifas dos bonos multiviaxe e das tarxetas de Mobilidade de Galicia: TMG e Xente Nova.
Coa tramitación e publicación xa hoxe da orde no Diario Oficial de Galicia, garántese que as bonificacións aos usuarios do transporte público autonómico teñan continuidade, sen interrupción, xa desde o mesmo día 1 de xaneiro. Asi, esta orde entrar en vigor hoxe mesmo, coincidindo coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.