Comarcas

Redondela despide 2023 de xeito anticipado

Con París de Noia

Redondela despide 2023 de xeito anticipado

Redondela despedirá o ano de xeito anticipado e por partida dobre con dúas festas. Na noite deste venres, 29 de decembro, haberá festa pre fin de ano en Chapela coa orquestra Olympus no paseo marítimo a partir das 22:00 horas.

Sábado, día 30

O sábado será a quenda de París de Noia cun concerto no Campo da Feira de Redondela tamén ás 22:00 horas. Nos dous casos estas festas pre fi de ano terá tamén un eido solidario.

Asi, o Concello achegará as uvas para estas celebracións, e serán voluntarios e voluntarias das asociacións Da Man, Cáritas e Asociación contra o Cancro os encargados de distribuílas entre o público. Os asistentes que o desexen poderán facer as doazóns que estimen oportunas e todos os cartos recadados serán repartidos entre as asociacións participantes.

Domingo, 31

Os máis pequenos tamén terán a súa celebración previa de fin de ano do domingo 31 ao mediodía. A Praza da Constitución en Redondela e a Alameda Rosalía de Castro de Chapela serán escenario destas Festas Infantís. Haberá música, xogos e moitas sorpresas para que a rapazada poida despedir o 2023. Ámbalas dúas festas terán lugar entre as 11:00 e 13:00 horas coa Coca Simona.

También te puede interesar