Que mellor que pasar unha mañá de verán disfrutando dun museo para ti só… e para os outros 39 rapaces que participen nos obradoiros de verán do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, que se celebrarán ata finais de mes de martes a venres de 12 a 14 horas. E de balde.
Hoxe o turno o teñen as palabras, apoiado na obra ‘Passagen-W’ de Txomin Badiola. Cada día unha grande cantidade de mensaxes: carteis publicitarios, sinais, anuncios, letreiros, avisos, periódicos, cartas… A idea é falar da comunicación e das formas de transmitir unha mensaxe por escrito. Entre todos os participantes idearán un xogo para construir un encrucillado, escollendo palabras e repartindo as letras.