Comarcas

Aínda hai prazas no Programa de Emprego para menores de 30 anos, en Redondela

Con prácticas en empresas e bolsa de 10€ por día de asistencia

Ainda hai prazas no Programa de Emprego para menores de 30 anos, en Redondela

Un ano máis, o Concello de Redondela pon en marcha o Programa de Emprego, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Un 45% de reinserción laboral

Este programa, cunha duración inicial dun ano, ten como obxectivo acadar o 45% de inserción laboral dos 100 participantes no mesmo, demandantes de emprego. Asi, está dirixido a persoas desempregadas e conta con prazas reservadas para diferentes colectivos. “A día de hoxe quedan prazas vacantes” e este mesmo mércores, día 10, celebrarase unha reunión informativa ás 11.30 horas no multiúsos da Xunqueira, aberta a todos aqueles que desexen participar.

Novas tecnoloxías, idiomas, busca de traballo e emprendemento

Na mesma recibirán a explicación de que ao longo dos meses que dura o programa, os participantes reciben orientación e asesoramento; formación en novas tecnoloxías e idiomas; técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora. Ademais, a formación sobre o terreo está tamén moi presente, con prácticas profesionais non laborais en empresas. As mesmas permitirán que os demandantes de emprego participantes reciban ofertas de traballo emparelladas especificamente co seu perfil.

Información e inscrición

O programa de emprego conta con medidas de conciliación da vida laboral e familiar, e todas as persoas que participen terán dereito a unha bolsa de 10€ por día de asistencia. Os interesados poden inscribirse no Centro de Formación A Marisma, nos teléfonos 986 40 83 88 e 604 035 909 ou no enderezo [email protected].

También te puede interesar