Cultura

Convocado o concurso de Carteis da Festa da Cereixa de Beade

A edición deste ano celébrase os días 1 e 2 de xuño

Convocado o concurso de Carteis da Festa da Cereixa de Beade

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de convocar o tradicional “Concurso de carteis da Feira – Festa da Cereixa”, evento que este ano cumpre a súa XXXVII Edición e se celebrará os días 1 e 2 de xuño.

Esta Asociación convida á rapazada de entre 8 e 16 anos que pertenzan á parroquia ou colexios e Instituto de Beade, así como os que non sendo dela, son socios ou fillos de socios da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, a sentirse partícipes dunha festividade que se ven realizando desde o ano 1986.   

Para elo, serán os encargados de elaborar unha das pezas fundamentais, o cartaz, tanto a nivel anunciador como a nivel artístico, que terá como elemento principal a cereixa. A data límite para entregar os deseños é o venres, 5 de abril de 2024.

También te puede interesar