Comarcas

Mos duplica os traballadores do seu GES e a partida municipal destinada a financialo

Pasará de 6 a 12 profesionais

Mos duplica os traballadores do seu GES e a partida municipal destinada a financialo

La alcaldesa de Mos informou hoxe de que o Pleno aprobará a adhesión do Concello ao convenio de colaboración entre a Xunta, Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e Deputación de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais, GES. Será o paso prevo ao procedemento de contratación dos novos traballadores.

O dobre de persoal

Este convenio, apunta Nidia Arévalo, permitrá que Mos teña o dobre de traballadores neste servizo, pasando de 6 a 12 e que o Goberno municipal demandaba, “dado o alto volume de actividade do GES”.

Así, establecerase o marco de participación e colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Mos, para o desenvolvemento das accións de asistencia en emerxencias; prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2024 e 2025. “Deste xeito se conseguirá unha maior eficacia en sinistros e na loita contra os lumes a través da optimización no uso de todos os recursos”.

Recursos

En total, Mos contará con subvencións concedidas polas diferentes administracións supramunicipais implicadas neste convenio para asumir o custo total de 320.000€ do GES con 12 traballadores. Desta cantidade, o Concello achegará 32.000€; a Dirección Xeral de Administración Local 15.750€; Consellería de Medio Rural, 152.250€ e a Deputación 128.000€.

También te puede interesar