Acción en Vigo a favor do boicot ao aparheid israelí. Nunha actuación coordinada entre Ecoloxistas en Acción Rías Baixas e BDS Vigo se despregou unha pancarta en solidariedade co pobo palestino na faciana de Vialia. É a resposta á mobilización convocada pola Rede Solidaria contra a Ocupación de Palestina (RESCOP) en cerca de 100 cidades do Estado español.
Medidas inmediatas na defensa dos dereitos humanos en Palestina
Trátase, así de esixir ao Goberno, e aos partidos que o sustentan, que adopten medidas para defender os dereitos humanos en Palestina, “se non queren facerse cómplices necesarios deste xenocidio”. Porén, os países europeos “lonxe de apoiar unha saída pacífica e a liberación do pobo palestino, póñense do lado do Estado opresor, que perpetúa a ocupación”.
“Palestina somos todos”
Baixo este lema, que figuraba va pancarta desplegada, s organizacións asinantes queren demandar ao Estado español que esixa a fin da ocupación e a represión e reclamar a Israel que respecte os dereitos da poboación palestina.
Inacción do Concello
Asimesmo, denuncian a inacción do Concello de Vigo, que “a diferenza de conflitos recentes como a guerra de Ucraína, agocha a cabeza e négase a tomar partido polos dereitos democráticos do pobo palestino”. Como exemplo desta “equidistancia cómplice” lembran “o voto en contra do PSOE-PSdG a unha moción que condeaba o xenocidio cometido polo sionismo en Gaza“. A ela súmase “a negativa a exhibir a bandeira palestina no balcón municipal, como si fixo en troques o Concello de Lugo”.
Compañías que “apoian as violacións israelí do dereito internacional“
“Con esta mobilización, tamén queremos sinalar ás compañías internacionais presentes en Vialia, que apoian e encobren as violacións israelí do dereito internacional, principalmente ao operar nas colonias ocupadas ilegalmente e ao facer contratos co Goberno israelí e o seu exército, lucrándose do sistema de apartheid e de colonialismo”.
Así, desde BDS Vigo nun chamado á cidadanía para que se sume á campaña de ‘Boicot’ ao aparheid, israelí (‘Desinversión’ e ‘Sanciones’ (BDS) a Israel). “Unha ferramenta cidadana para presionar a gobernos e empresas que participan na opresión del pueblo palestino“.