O Concello de Covelo vén de iniciar as obras de mellora da contorna da igrexa de Santiago, en Prado da Canda. Esta intervención ten un custo de 197.302€ que serán financiados con fondos propios a través do Plan Concellos 22/23 na actualidade +Provincia da Deputación de Pontevedra.
Intervención integral
Pablo Castillo, alcalde de Covelo, explica que será “unha intervención integral”, con traballos no subsolo e tamén en superficie, “transformando o espazo público para un maior gozo da cidadanía”. O actual asfalto se cambiará por pedra, co obxectivo de “embelecer a zona e potenciar o seu atractivo”. Ademais, as obras abordarán o saneamento en dous ramais da Aldea de Abaixo e a canalización das recollidas de auga pluviais. “Traballamos para que o día a día da nosa veciñanza sexa máis doado”, subliña o alcalde. Por iso -continúa- “a nosa prioridade é a mellora dos espazos e servizos públicos indispensables para desenvolvernos, para relacionarnos e mesmo para recibir ás persoas que nos visitan”.
Unha obra afanosa
Para a execución das mesmas deberán realizarse traballos de demolición; preparación do terreo; colocación de drenaxe, tubaxes e colectores, Tamén preparación de beiravías con adoquín en granito silvestre. Ademais, instalaranse quenllas e barras de fundición; renovarase o pavimento en todo o trazado. Tanto na Aldea de Abaixo como no ramal, haberá treitos de formigón e espazos e accesos peonís con solados de granito.
As obras complétanse coa instalación de novas barandas, pasamáns e rodapés. Tamén se contempla a colocación de bancos de granito e sinalización de limitación de velocidade a 30km/h.