Cultura

Adíase o ‘Entroido do Porriño’ polo mal tempo

O Concello anunciará próximamente as novas datas de celebración

Adíase o 'Entroido do Porriño' polo mal tempo

O mal tempo non amaina e as previsións meteorolóxicas para os próximos días ameazan ao Entroido. Co fin de poder gozar das actividades programadas por todo o alto, o Concello do Porriño vén de decidir adiar a programación prevista para esta semana. Sí mantén os obradoiros infantís que se trasladan ao Centro Cultural Municipal. 

As novas datas de celebración dos desfiles de comparsas e o resto de actos previstos anunciaranse nos próximos días, unha vez se coordinen con todos os participantes.

“É unha mágoa pero o Entroido é para que o disfrutemos todos e todas a fondo e iso faremos”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, Os desfiles e actividades nestas condicións supoñen ademais un risco para os case 2.000 participantes, así que sairemos a gozar destas festas en canto poidamos facelo sen máis preocupación que divertirnos e pásalo ben xuntos”.

También te puede interesar