Galicia

Subida considerábel do BNG, e baixada do PP que ve en perigo a súa maioría, a 6 días do 18F

Podería haber cambio na Xunta

Subida considerábel do BNG, e baixada do PP que ve en perigo a súa maioría, a 6 días do 18F

O último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), coñecido este luns, a so seis días das Eleccións ao Parlamento de Galicia, apunta a unha subida considerábel do BNG e unha baixada do Partido Popular. Esta última comprometería a maioría que os populares teñen na Cámara galega dende 2009.

Así, dacordo con este sondeo, o PP acadaría o 42,2% dos votos e entre 34 e 38 escanos -no última lexislatura tiña 42-. O BNG racharía todos os seus resultados históricos, facéndose cun 33,4% do apoio electoral e entre 24 e 31 asentos no Pazo do Hórreo.

Moi por detrás , a máis de 15 puntos do Bloque estaría o PSdG-PSOE, que obtería o 18,1% das papeletas e entre 9 e 14 escanos. Con posibilidades de entrar no Parlamento, co 2,8% do voto, estaría Sumar, ainda que está garantida a súa presenza: o sondeo estima que estaría entre 0-2 deputados.

Tamén terían opcións de lograr representación, a dereita extrema, cun 2,4% dos sufraxios e entre 0-1 escanos, e Democracia Ourensana, do alcalde Jácobe, que só concorre en Ourense e que cun 0,5% do voto estaría, tamén, entre 0-1 escano.

Ana Pontón é a lider mellor valorada, cunha nota de 5,89 sobre 10

O PP, o preferido das persoas que responderon á enquisa

En resposa á pregunta ‘que formación política lle gustaría que gañase, independentemente de a quen voten?’, o PP foi a opción preferida por un 35,7% das persoas que responderon á enquisa; o 30,2% elixiu ao BNG; o 14,9% ao PSOE e o 2,5% a Sumar.

Pontón

Ana Pontón, é a líder que obtén a mellor nota un 5,89 (considerando a valoración e coñecemento que fixeron dela quenes respostaron ao sondeo). En segundo lugar está o candidato popular e actual presidente, Alfonso Rueda cun 5,29. O terceiro posto é para o socialista José Ramón Gómez Besteiro, cun 4,85; seguido de Marta Lois, de Sumar cun 4,06; acandidata de Podemos, Isabel Faraldo, ten unha nota de 3,33; Armando Ojea (Democracia Ourensá) un 2,90 e pecha o cabeza de lista da dereita extrema, cun 2,76.

Preto do 74% das persoas que participaron na enquisa xa ten decidido o seu voto; o 23,7% ten dúbidas e o 2,1% non votará

A quen preferiría como presidente ou presidenta?

A diferenia é aínda máis curta entre o candidato do PP, Aldonso Rueda, elixido polo 35% das persoas que responderon ás preguntas, e Ana Pontón, que logra o 34,6%. Moi lonxe estarían, Gómez Besteiro do PSdG-PSOE (11,4%); Feijóo (1,6%) e Marta Lois (1,2%).

Que partido está a expor os asuntos de máis interese para Galicia?

O 34,2% respostou que o BNG por diante do 29,3% que opinan que é o PP; o 8,1% que sinalan ao PSOE e o 1,8% que cré que é Sumar. Nesta liña. preguntados sobre que partido está a expor asuntos do seu interese persoal, o BNG (27,4%) ten unha ventaxe mínima sobre o PP (27%);seguidos do PSdeG (10,8%) e Sumar (3,8%).

Dicidiu xa a que partido vai votar?

A resposta é rotunda… aínda que quedan indecisos. Así, o 73,7% xa decidiu o seu voto; o 23,7% aínda dubida; o 2,1% non votará e un 0,2% non quere responder.

Os datos desta mostra do CIS realizouse entre o 5 e o 7 de febreiro, sobre 4.000 entrevistas- 1.200 na provincia da Coruña; outras 1.200 na de Pontevedra; 800 en Ourense e outras 800 en Lugo- nun total de 285 concellos dos 313 que ten Galicia.

*Podes consultar AQUÍ os resultados do anterior barómetro do CIS, correspondente ao sondeo realizado entre o 29 de xaneiro e o 1 de febreiro.

También te puede interesar