Galicia

Ana Ortiz, delegada da Xunta en Vigo asume a presidencia da Xestora do PP na cidade

O organismo directivo estará conformado por outras seis persoas

Ana Ortiz, delegada da Xunta en Vigo asume a presidencia da Xestora do PP na cidade

Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta en Vigo en funcións, vai presidir a nova Xunta Xestora do PP na cidade, na que estará acompañada por outros seis membros, entre os que figuran cargos orgánicos e
destacados militantes, e que está aberta a novas incorporacións, “para seguir facendo medrar o proxecto do partido na cidade”.

“´É unha persoa moi querida, coñecida e recoñecida en Vigo e que destaca especialmente pola súa enorme capacidade de traballo, talento e cercanía, como demostrou ao longo da súa dilatada traxectoria política e, especialmente nestes últimos tempos, nos que está volcada na cidade, polo que cremos que é a persoa idónea para pilotar esta nova etapa no PP local”, sinala o presidente provincial dos populares,
Luis López.

Xunta Xestora

Ademais da presidenta, a Xunta Xestora tamén estará conformada polo secretario xeral da agrupación local e secretario xeral técnico en funcións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes; a deputada electa Marta Mariño; a concelleira popular Luisa Sánchez; a coordinadora xeral do PP local, Montserrat Otero. Tamén entrarán na mesma militantes de base como Borja Fontán, que concorreu na candidatura das últimas eleccións municipais, e Rosa Estévez, que é acualmente a
presidenta do distrito de Sárdoma.

También te puede interesar