Deportes

A Deputación comprométese coa candidatura de Balaídos ao ‘Mundial 2030’

Tende a man a todas as Administracións para traballar xuntas

Construir la grada de Gol de Balaídos llevará 2 años y medio

O presidente da Deputación de Pontevedra fixo público este venres o compromiso do organismo provincial para conseguir que o Estadio de Balaídos sexa unha das sedes do mundial de fútbol do ano 2030 ,que organizan de forma conxunta España, Portugal e Marrocos.

Luis López afirmou que “a Deputación adquire o compromiso, no marco das súas competencias e dispoñibilidade orzamentaria, para “facer todo o posible” para que Vigo acolla partidos dun dos eventos deportivos globais máis importantes. “Queremos que o mundial 2030 se celebre na provincia e queremos que Balaídos sexa unha das sedes”, insistiu Luis López.

Acordo do Goberno provincial

Este acordo quedou selado por escrito na reunión de hoxe do Goberno provincial que manifesta “o seu interese en poder albergar partidos da Copa do Mundo de 2030 na provincia e declara o seu compromiso institucional coa candidatura da sede do Mundial 2030 e o seu apoio a elas”. Asi mesmo, subliña a intención da Deputación de “cumprir con todos os requisitos, no marco das súas competencias e das súas dispoñibilidades orzamentarias, que se concreten no seu momento pola FIFA, e colaborará co Comité Organizador da Copa do Mundo para o seu desenvolvemento”.

Colaboración institucional

Neste sentido, “a Deputación de Pontevedra tende a man a todas as administracións implicadas na candidatura de Balaídos” para colaborar en todas as accións que sexan necesarias para que o estadio da cidade olívica cumpra os requisitos esixidos pola FIFA, o máximo organismo do fútbol mundial, para acoller partidos deste campionato de seleccións masculinas.

Unha “decisión que xa quedou clara o pasado mércores”, cando a Deputación participou nunha reunión de traballo con representantes da Federación Española e Galega de Fútbol, do Celta, a Xunta e do Concello de Vigo, “para traballar na candidatura de Balaídos“.

Razóns deportivas, económicas e turísticas

Luis López salientou que “o deporte é unha área estratéxica” para a Deputación e que por medio do deporte, “non só melloramos a saúde da nosa poboación senón que dinamizamos a actividade económica e seguimos a consolidar a provincia como potencia turística.

Na Deputación queremos que o mundial se xogue na nosa provincia e imos traballar e cooperar para conseguilo”, rematou.

También te puede interesar