Comarcas

‘A Dona de Esteiro’, situada en Nigrán, recibe o premio como segundo mellor mural do mundo

Está inspirado no rostro de Penélope Cruz

'A Dona de Esteiro', situada en Nigrán, recibe o premio como segundo mellor mural do mundo

 ‘A Dona do Esteiro’ xa ten a acreditación oficial de ser o segundo mellor mural do mundo do ano 2023. O belga Tim Marschang, co-fundador da plataforma de arte urbana ‘Street Art Cities’, achegouse á súa ubicación na Ramallosa para entregarlle o título á artífice, a baionesa Lula Goce.

Galicia, referente planetario

A prestixiosa plataforma de arte urbana, presente en 600 ciudades de 80 países, situou a Galicia no 2023 como o maior referente planetario ao respecto ao acaparar os tres primeiros postos (o número 1 foi para Sfhir en Fene, e o 3 para Yoe 33, en Lugo). Os tres impuxéronse na votación popular entre 50 obras distribuídas por todo o mundo (Arxentina, Brasil, Francia, Chile, Italia… ).

“As fotos eran espectaculares pero en directo aínda gaña máis. Este tipo de intervencións unen á cidadanía, non hai ninguén en contra, é imposible, é unánime que embelece ás cidades e que rexenera espazos”, considera Marschang, admirador da obra de Lula Goce desde hai anos e quen louba a gran afección que existe en España.

O nivel de Galicia é espectacular e, a verdade, os españois en xeral saben recoñecelo e sempre participan moi activamente nas votacións, moito máis que outras nacionalidades”, sinala ao tempo que destaca a valía do premio para situar localizacións no mapa mundial da mellor arte urbana. “Os murais desta grandiosidade arrasan en redes sociais e prensa, polo que moven a turistas de todo o mundo para velos en directo”, insiste.

‘A Dona de Esteiro’

‘A dona do Esteiro’ xurde no 2023 tras contratalo o Concello á artista Lula Goce, nacida en Baiona e con taller en Nigrán. Este ‘milagre’ natural de rostro feminino e aderezado con garzas, flores, mar e prantas foi encargado co obxectivo de transformar a gran medianeira de 250 m² situada na esquina entre rúa Argonautas e Romana Baixa e o muro da piscina mancomunada ata o Camiño da Cabreira.

A artista concentra na localidade o seu maior número de obras de toda Galicia, sendo esta a súa primeira medianeira do Miñor. Así, no 2018 pintou a fachada do CEIP Carlos Casares de Vilariño; no 2020 o Campo Municipal de Condomínguez de Priegue e, no mesmo ano, un gran mural en Panxón. Todas pezas contratadas polo Concello e ás que se sumou en abril de 2023 ‘A Dona do Esteiro’, polo que o municipio forma unha parte esencial do seu circuíto de murais internacionais, xa auténticos emblemas en países como Estados Unidos, México, Israel, Portugal, Italia, Bélxica, Francia“É unha honra traballar en casa e que a veciñanza se amose tan receptiva e cariñosa conmigo, son de Baiona e tamén filla adoptiva de Nigrán”, confesa Lula.

Penélope Cruz

Unha vez máis, como é característico na súa obra, a exhuberancia da natureza e a beleza feminina mesturarase neste gran conxunto mural para trasladar á cidadanía unha mensaxe en defensa do medioambiente e tamén de orgullo de pertenencia e de identidade compartida. “A Foz é o gran punto de encontro dos tres municipios, un lugar que forma parte esencial do que significa o Miñor e que é realmente marabilloso”, explica Lula, asidua aos paseos polo esteiro para admirar os atardeceres ou as propias garzas que traslada tamén ao mural. Como punto gótico, tamén habitual na súa obra, o bestiario ou gárgola que a muller sostén na man, “simboliza o lado escuro do ser humano, a parte máis oculta e que tamén conforma a nosa personalidade”.

A gran novidade neste traballo é que, por vez primeira, empregou a intelixencia artificial para xerar o rostro da ‘Dona do Esteiro’ a partir dunha mestura dunha imaxe de Penélope Cruz con outras mulleres elixidas aleatoriamente. Sen embargo, debido as circunstancias emocionais na que traballou neste mural, a muller a quen Lula llo adica si ten nome e apelidos: Lourdes Goce, a súa nai. “Pola súa tenacidade, forza e capacidade para superar todos os obstáculos que a vida lle plantexa”.

Lula Goce

Lula Goce licenciouse en Belas Artes en Salamanca na especialidade de Pintura. En Barcelona realizou un Máster de creación artística e o DEA na Facultade de Belas Artes da UB de Barcelona. Estudou Deseño Gráfico na BAU e Ilustración na Escola da Dona. O seu traballo como muralista é recoñecido no mundo enteiro. Nas súas próximas citas estará en Requena para pintar unha bodega de cava; en Mónaco coa Fundación Príncipe Alberto; coa Fundación Celta de Vigo; Suíza, Detroit; Santiago, Doha e Mallorca.

También te puede interesar