Galicia

Deputación e a UVigo lanzan unha guía para incluír a perspectiva de xénero

No ámbito tecnolóxico e industrial, por medio da Cátedra de Feminismos 4.0

Deputación e a UVigo lanzan unha guía para incluír a perspectiva de xénero

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo presentaron hoxe a guía operativa para incorporar a perspectiva de xénero á investigación no ámbito tecnolóxico-industrial. Trátase dunha iniciativa que, cun orzamento de 4.083 €, se atopa enmarcada dentro dos proxectos de investigación subvencionados ao abeiro da Cátedra de Feminismos 4.0. que ambas institucións teñen en marcha. Esta nova guía pode consultarse na web da Universidade.

Na presentación, que tivo lugar no Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais
(CINTECX) da Universidade, participou a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, xunto coa directora do
Centro, Concepción Paz, e a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio
. Ademais, celebrouse un panel de expertas coa presenza da directora da Unidade de Igualdade da Universidade, Águeda Gómez, e as
investigadoras María López e Iria Vázquez, das universidades de Deusto e Vigo.

“Un coñecemento máis xusto e completo”

Sandra Bastos remarcou a importancia desta guía, que “permitirá incorporar a perspectiva de xénero á
investigación no ámbito tecnolóxico e industrial, dotando ao persoal investigador das ferramentas e pautas para mellorar a calidade das súas propostas de investigación”
. Tamén subliñou que se trata dun
documento necesario e lembrou que este “enfoque sensible de xénero non só é cada vez máis valorado nas convocatorias e proxectos, senón que tamén é fundamental para obter un coñecemento máis xusto e
completo”.

Perspectiva de xénero en todas as fases

Desta maneira, a nova guía recolle a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero en todas as fases do proceso de investigación: desde a composición do equipo ata os resultados e o seu impacto, pasando polo plan da investigación, a revisión bibliográfica e marco teórico e a metodoloxía.

Ademais, contén unha sección específica enfocada aos proxectos de investigación financiados con recursos europeos, así como un “checklist” de aspectos a ter en conta.

También te puede interesar