Comarcas

Redondela perde una subvención de 500.000€

“Unha parte de 299.000€, outra de 164.000 e unha terceira de 135.000€”

El Concello de Redondela tiene deudas de más de 4 millones y facturas sin pagar desde 2022

“O Goberno local de Redondela vén de perder unha nova subvención, desta volta do Goberno galego para actuacións de medio ambiente que ascendía a 500.000 euros”.

En concreto, denuncia o grupo popular, unha das subvencións concedidas ascendía a 299.000€, “dos cales o goberno de Digna Rivas xa perdera 164.000€”, e o Concello quedou sen os 135.000€ restantes “ao non realizar as actuacións para os que solicitaron dita subvención, destinada á instalación dun Punto Limpo”.

Falta de traballo

Dende o grupo municipal popular subliñan a falla de traballo e de previsión da alcaldesa, ao non consultar as veciñas e veciños de Quintela para decidir sobre a fixación deste ‘Punto Limpo’. De aí que tanto o Partido Popular como o Bloque Nacionalista Galego, rexeitasen a proposta que fixo o Goberno local no Pleno, posto que os terreos nos que pretendía colocalo non tiñan a clasificación necesaria para este tipo de instalacións.

“Se realmente tivesen interese en facer este punto limpo en Quintela levarían esta consulto ao consello parroquial de Quintela para que os veciños da parroquia opinasen”, apuntan dende o grupo popular.

Outros 207.000 euros máis

A estos 500.000€, que perdeu o Goberno Municipal pola súa preguiza e falla de xestión foi a destinada para proxectos de separación y reciclado en orixe de biorresiduos mediante compostaxe, por un importe de 141.478€; ou a destinada a proxectos de implantación ou mellora da recollida separada de aceite de cociña usado; unha máis destinada a proxectos de implantación da recollida separada da fracción de residuos téxtiles dos residuos municipais, e outra de mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos, por importe de 66.394€. En total 207.872€ dos que non poderán beneficiarse os redondeláns, pola desastrosa xestión socialista.

En total, máis de 2,1 millóns

Estas cantidades, son apenas unha porcentaxe de todas as que deixou fuxir Digna Rivas, posto que, lembran dende o PP, hai que engadir 1.400.000€ de subvención para a Praza de Abastos ; 50.000€ para o Pavillón de Reboreda e unha parte importante dos Fondos Europeos conseguidos polo goberno anterior.

Ou non se solicitan ou non se xustifican

“As subvencións que se solicitan dende o Goberno municipal non se xustifican, perdendo os cartos, ou nin se solicitan ou faise o último día, cando os cartos xa están esgotados como as de contratación de vítimas de violencia de xénero, salientan os populares.

Dende o PP lamentan que “Redondela estea a perder subvencións nun ámbito tan sensible como o medio ambiente, ademais de intolerable que, pola deixadez do Goberno de Rivas, o Concello non poida contar
con estas axudas que son para cumprir os obxectivos sobre a redución de residuos establecida pola UE”
.

También te puede interesar