Comarcas

Aberto o prazo para inscribirse no Campamento de Semana Santa do Porriño

Dende este luns, día 18, ata o venres, 22

Aberto o prazo para inscribirse no Campamento de Semana Santa do Porriño

Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida persoal e laboral, o Concello do Porriño, por medio da Concellería de Igualdade, desenvolve un ano máis o Campamento de Semana Santa.

Este recurso está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos (ambos incluídos) e ten un aforo limitado a 50 participantes. Desenvolverase en instalacións municipais os días 25, 26, 27 de marzo e o 1 de abril en horario de 8:30 a 14 h.

O prazo de inscrición está aberto dende este luns, día 18, ás 09:00h e rematará o venres, día 22 de marzo, á mesma hora. Pode realizarse a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro do Concello do Porriño.

“A selección dos participantes realizarase previa baremación segundo a data e hora de presentación da solicitude e terán prioridade os nenos empadroados no Porriño”.

Avanza a ampliación da rede de saneamento en Atios, Pontellas e Torneiros

Doutra banda, o alcalde e o concelleiro de Vías e Obras supervisaron as obras de ampliación da rede de saneamento que se están a executar na Rocha-Covelo.

Estes traballos estanse a realizar no marco dun proxecto do Consorcio de Augas do Louro que, cunha inversión de 314.000 euros, supoñerá a posta en funcionamento de máis de un kilómetro de canalización, dando servizo a 19 vivendas e preto de 70 usuarios, nas parroquias de Atios, Pontellas e Torneiros.

Proxéctanse 757 m de tuverías de PVC, para o que será necesario executar 44 pozos de rexistro ademais da reposición do pavimento asfáltico, en total unha 7.746 m2 de pavimento bituminoso e 200 m2 de pavimento de formigón.  Así mesmo, acometerase o recrecido de 12 arquetas e preto de 40 m de cuneta.Nesta actuación a Rocha-Covelo executaranse cinco acometidas e a renovación total do pavimento.

“Seguimos traballando con máis proxectos e licitacións seguindo o noso plan de actuación ata tecer toda a rede de saneamento do municipio, concluíu Alejandro Lorenzo, quen tamén preside o Consorcio de Augas do Louro.

También te puede interesar