Este sábado 30 de marzo ‘Teatro Gorrilla‘ volta cunha Edición Festival en 5 bares da zona de
Churruca. Dende ás 18:00h ata ás 22:00h haberá actuacións de artes escénicas nos bares máis típicos da nosa cidade.
‘Es bailar’
As artistas para este mes tan especial son: Elsa Pereira que se move ou baila, e Meriwilson que cociña e mistura música co Theremini, se xuntan para mostrarnos a proposta “Es bailar”, onde exploran ao vivo coa creación sonora e a danza en complicidade curiosa e nun espazo calquera. Sempre que a celebración sexa posible e contaxie.
‘Subterránea’
Seguimos con Monica Sueiro, actriz e directora. Ven presentar “Subterránea”, peza escénica que reivindica e visibiliza a figura de artistas que foron silenciadas ao longo da historia.
Aínda que algunhas conseguiron acadar o recoñecemento da época e destacar nun mundo reservado aos homes, remataron no obstracismo e afastadas dos manuais de historia da arte. Para a maioría son unhas descoñecidas porque habitan no territorio invisible. A artista subterránea fala en primeira persoa dando voz agrandes creadoras como: Sofonisba Anguissola, Lavinia Fontana, Artemisia Gentileschi, Berthe Morisot, Hilma AfKlint, Maruja Mallo ou Julia Minguillón, entre outras.
‘Os homes das flores’
Continuamos desvelando artistas, presentando a Nico Elsker, que estará neste festival con “Os homes das flores”, un espectáculo que mistura danza, drag e monólogo poético para falar sobre realidades sexuais, afectivas, reproductivas e vivenciais das corporalidades diversas. “Son un home, pero entre as miñas pernas teño unha fermosa flor”.
‘Porque tu historia merece ser contada’
Tamén estará a compañía Playback Galicia que trae a obra “Porque tu historia merece ser contada”, unha representación en vivo de historias que o público queira que sexan contandas a través da improvisación teatral. Unha proposta traída do Teatro Playback que axuda a coñecer as narrativas persoais de quen nos rodean.
‘Todo Leonardeo Volumen ‘
Finalizamos as presentacións con Leonor Sanganriel se convirte en Leonardo Fiebre, un mocico español, un home dos que xa non quedan neste País de ben. É un señorito cis, hetero normativo que se adica ao mundo do espectáculo entregando a súa vida á música, o teatro e as chavalitas, para traernos “Todo Leonardo Volumen 1”, unha peza de microteatro musical que nos achega ao mundo Dragking a través da sátira e a comedia. Crítica ao patriarcado e á masculinidade tóxica.
Datas, lugares e prezos
Data: sábado 30 de marzo, de 18h a 22h
Prezo: taquilla inversa (mínimo recomendado de 4€ por actuación)
Lugares: A Casa de Arriba (Martín Códax, 23); Tinta Negra (Irmandiños, 2); Sala Kominsky (Irmandiños, 3); Burbia (Irmandiños, 18); A Cantina Candela, (Martín Códax, 12).
Teatro Gorrilla
Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza.
Este proxecto comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo. O funcionamento de taquilla inversa, é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa disfrutado e así valorar canto queres pagar por él, sendo o mínimo recomendado de 4€. Isto está inspirado no teatro de rúa onde se pasa “pasa a gorra”.