Cultura

A Deputación oferta esta semana dúas accións formativas dentro do programa SmartPeme

Este mesmo luns e o xoves, día 4

A Deputación oferta esta semana dúas accións formativas dentro do programa SmartPeme

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e a intelixencia artificial.

As accións formativas inícianse este luns, 1 de abril, ás 10:30 horas, co obradoiro “Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles”. O obxectivo desta acción é concienciar sobre a importancia que ten cifrar os dispositivos móbiles. Así, o experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire empregará no taller unha ferramenta para ensinar os asistentes a facelo.

O xoves 4, en horario de 11:00 a 13:00 horas, en SmartPeme terá lugar o obradoiro “Ferramentas de vídeo con Intelixencia Artificial: Runway, HeyGen, Sora”, a terceira e última lección do itinerario formativo sobre o manexo destas técnicas computacionais. A través desta actividade, impartida tamén por Manuel Freire, darase a coñecer ferramentas que usan modelos de intelixencia artificial xerativa de vídeos como Runway, HeyGen, Sora.

También te puede interesar