Comarcas

Vigo escenario, este mércores, da Gala de Turismo 100% Rías Baixas

Para poñer en valor un “destino infinito’

Preto de 640 persoas participan nas 10 saídas do 'Plan +Convivencia'

Este mércores, 10 de abril, ás 19:30 horas, Vigo será o escenario da ‘Gala de Turismo 100% Rías Baixas’.
Esta “festa da excelencia turística da provincia”, como a define o presidente da Deputación, Luis López, terá lugar no Pazo Los Escudos e nela faranse entrega dos distintivos de calidade do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos. Ademais, contará con proxeccións audiovisuais, espectáculos de danza da man da bailarina Eva Comesaña (unha das protagonistas da campaña 100% Rías Baixas) e a música de Xurxo Fernandes e Pan Sen Fron e do grupo Eladio y los Seres Queridos.

100% Rías Baixas

A Gala de Turismo terá como fío condutor a campaña 100% Rías Baixas, baseada na auga. Ao mesmo
tempo, segundo avanza o presidente da Deputación, “porá en valor un destino infinito que ano tras ano
ofrece máis costa, natureza, máis deporte, gastronomía, historia, termalismo e máis celebracións”.

Precisamente este sete eixos temáticos serán os bloques nos que se dividirá a Gala. Ademais, acto, porase en valor “o atractivo que Rías Baixas ten en Galicia, en España e en todo o mundo e bo facer do sector turístico”. Deste xeito, na Gala serán protagonistas, tal e como subliña Luis López, “as preto de 400 empresas que contan, ou están a piques de contar, co selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino”.

También te puede interesar