Un total de 25 don 100 participantes no 9º Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos están xa traballando a tan só 3 meses do seu inicio -a duración total é dun ano-. Esta porcentaxe aumentará nos vindeiros meses, segundo aseguraron hoxe a alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Emprego, Julia Loureiro.
As responsábeis municipais lembraron que o obxectivo de inserción do programa é o 45%, pero amosáronse convencidas de, “ímolo superar, como en anos anteriores”.
Oito accións formativas
O Programa que comezara en novembro pasado, leva a cabo 8 accións formativas centradas no desenvolvemento de competencias persoáis e profesionáis para o traballo en equipo; dinámicas colaborativas; ferramentas tecnolóxicas para a busca de emprego e Igualdade. Así mesmo iniciaronse as accións, certificadas polo Servizo Público de Emprego (SEPE), do itinerario de comercio e hostelería, en previsión de cubrir as necesidades que estes sectores van a ter nos próximos meses.
Ademais 15 alumnos realizaron antes de Semana Santa o curso de Operacións de Caixa (COMT012PO) e van a realizar as prácticas relacionadas con este curso en distintos supermercados e centros comerciáis de Mos.
A inserción laboral e “prioritaria”
Nidia Arévalo, salientou que “aínda que non é unha competencia municipal, unha das miñas máximas prioridades e preocupacións na xestión como alcaldesa é a inserción laboral da veciñanza en situación de desemprego“. Neste sentido, reivindicou a colaboración coa Xunta e as empresas e apostou por una “busca proactiva” de emprego que, lembrou apuntando a porcentaxe de inserción destes cursos -superior ao 60%- facilita a integración no mercado laboral.
Ademáis, a alcaldesa reivinicou o feito de que o Programa sexa un “instrumento útil” para as empresas, o cal tradúcese na adecuación da formación ao perfís profesionais demandados.