Deportes

Tania Castiñeira, ouro, Sergio Troitiño, prata e Arlet Ortíz, bronce, na ‘President’s Cup’ de Tallín

Os galegos viaxaban tanto coa selección española como cos seus clubes

Tania Castiñeira, ouro, Sergio Troitiño, prata e Arlet Ortíz, bronce, na 'President's Cup' de Tallín

Tres medallas con sabor galego na President´s Cup sénior de Tallin de taekwondoTania Castiñeira (+73, Hebe) logrou a medalla de ouro; Sergio Troitiño (-87, Mat´s) foi prata e Arlet Ortiz (-57, Mat´s), bronce. Onte celebrouse a competición sénior e Galicia estivo representada tanto con deportistas que viaxaban coa selección nacional, como cos que viaxaban coa Galega ou aqueles que ían co seu club.

Tania

Tania Castiñeira, que segue nun momento de forma excepcional, superou en cuartos de final a Viktorija Helviga  (Letonia) en dous asaltos e ambos con moita superioridade (o primeiro 6/0 e o segundo 11/2).

Na semifinal enfrontouse á polaca Aleksandra Kowalczuk e novamente gañou en dous asaltos, de forma rápida, seria e contundente (8/5 e 11/2). A final sería fronte á tamén polaca Dagmara Haremza, á que Tania gañara no Open de España, pero Haremza non se presentou polo que o ouro foi para a galega.

Sergio

Sergio Troitiño, cabeza de serie número 5, venceu no primeiro combate ao mexicano José Pastor en dous asaltos e con moita claridade (12/0 e 15/2). En cuartos, enfrontouse ao polaco Adrian Wojtkwoviak (cabeza de serie número 4) e novamente o galego resolveu en dous cómodos asaltos  (15/4 e 11/2) para lograr así o pase á semifinal, onde esperaba o rival máis duro do peso: O chino Mingkuan Meng, actualmente número 5 do mundo no seu peso. Pero Troitiño seguiu o seu ritmo e volveu vencer en dous rounds e sen pasar apuros (13/4 e 9/7). Xa metido na final e coa clasificación directa para o Europeo sub 21, o galego decidiu retirarse, xa que tiña tocada a tibia e considerou, xunto co adestrador, que o mellor era parar pensando xa no Campionato de Europa Absoluto que se celebra dentro dun par de semanas. Prata para el.

Tania e Sergio viaxaban coa selección española, pero ademais, en Tallin tamén estaban como membros da selección galega Arlet Ortiz (-62, Mat´s); Silvia Otero (-49, Mat´s) e Yadira Reimúndez (-57, Mat´s), acompañadas polo técnico Cristóbal Boudjenane.

Arlet

Arlet Ortiz (Mats) sumou un fantástico bronce en -62 quilogramos. Venceu en primeira rolda a Jarina Volosina (Letonia) en dous cómodos asaltos, para seguir avanzando cara á segunda rolda once superou a Mariia Labuzova (Ucrania) onde tivo que sufrir un pouco máis, xa que o combate se foi aos tres asaltos, pero con vitoria galega. Nos cuartos de final esperaba a numero 1 do torneo, Karoline Gjelsvik (Noruega) e novamente Arlet fixo un traballo excepcional, moi concentrada, para meterse nas semifinais en só dous asaltos. No penúltimo chanzo para chegar á final, a rival era a china Zongshi Luo, campioa do mundo e campioa asiática, e aquí se puxo punto e final ao fantástico torneo de Ortiz. A china gañou en dous asaltos e, por suposto, se fixo coa vitoria na President´s Cup, sen perder nin un só asalto.

Pola súa banda, Silvia Otero (-49. Mat´s) venceu en primeira rolda a Gesthimani Georgiadou (Grecia) en tres asaltos (1-2) e cae una segunda ante a croata Bruna Duvancic, cabeza de serie número 1 do torneo, que finalmente foi prata.

Ademais, Yadira Reimúndez (-57, Mat´s) perdeu en primeira tolda fronte á polaca Julia Sereda en dous asaltos.

También te puede interesar