A Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de 1,4 millóns de euros para facer fronte a políticas sociais na totalidade dos concellos de menos de 20.000 habitantes da contorna de Vigo e do sur da provincia. Os recursos enmárcanse no ‘Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais e nas Axudas Básicas de Emerxencia para 2024’, que contan cun orzamento global de 3,6 millóns de euros.
Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e Servizos Comunitarios
Segundo apunta o presidente do organismo provincial, Luis López, no relativo á primeira convocatoria, centrada nos Servizos Sociais Comunitarios, a Deputación aprobou 1,18 millóns de euros para estes concellos. Destes recursos, 454.059 euros estarán destinados a sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, e 724.743 euros a cubrir os custos do persoal dos Servizos Comunitarios.
Máis polo miúdo, A Cañiza recibe 65.140 euros; A Guarda 74.581€; Arbo 15.960€; As Neves 44.090 €; Baiona 66.329 €; Covelo 41.854 €; Crecente 38.385 €; Fornelos de Montes 22.627 €; Gondomar 71.597 €; Mondariz 70.150 €; Mondariz-Balneario 23.964 €; Mos 102.173 €; Nigrán 102.423 €; O Rosal 41.219 €; Oia 12.020 €; Pazos de Borbén 31.451 €; Salceda de Caselas 77.630 €; Salvaterra de Miño 64.258 €; Soutomaior 37.980 €; Tomiño 73.757 € e Tui 101.209 €.
Axudas Básicas de Emerxencia
No que respecta á segunda liña de subvencións aprobada, as Axudas Básicas de Emerxencia (ABE), o
Goberno provincial aprobou 256.550 euros, para que os concellos da contorna de Vigo e do sur da
provincia poidan atender ás demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a quen teña menores ao seu cargo.
Neste caso, A Cañiza benefíciase de 13.800 €; A Guarda de 13.300 €; Arbo 12.300 €; As Neves 10.800 €; Baiona 12.800 €; Covelo 12.300 €; Crecente 12.300 €; Fornelos de Montes 12.300 €; Gondomar 12.800 €; Mondariz 10.800 €; Mondariz-Balneario 9.300 € Mos 13.800 €; Nigrán 13.800 €; O Rosal 11.800 €; Oia 9.300 €; Pazos de Borbén 10.800 €; Salceda de Caselas 11.800 €; Salvaterra de Miño 13.300 €; Soutomaior 11.800 €; Tomiño 13.300 € e Tui 14.050 €.
Alimentación, vivenda ou subministros básicos
As Axudas Básicas de Emerxencia destinaranse a alimentación, vivenda subministros básicos, produtos e
servizos de hixiene e limpeza, pagamento de produtos farmacéuticos, á adquisición de electrodomésticos básicos.
Tamén a pagamento de desprazamentos, reparación e mantemento de vehículos, pagamento de lentes, lentes de contacto e audiófonos. Así mesmo, a gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio, atencións de carácter complementario e axudas para adquisición de roupa e calzado, de estudo e de apoio á infancia.