Comarcas

Nigrán contrata a 18 traballadores, a través do ‘Plan + Provincia’ da Deputación

Son 15 peóns forestais e 3 conserxes

Nigrán contrata a 18 traballadores, a través do 'Plan + Provincia' da Deputación

O Concello de Nigrán incorporou hoxe a través da liña 3 do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra a 15 peóns forestais por 8 meses e 3 conserxes durante 7 meses, todos a xornada completa. Trátase de veciños do municipio que se atopaban en situación de desemprego.

“Son postos de traballo moi necesarios para manter en boas condicións os camiños e viais públicos e o normal funcionamento dos colexios” sinala o alcalde. Así, as brigadas están atendendo xa necesidades urxentes en Camiño da Fonte en Patos, Leiras, Pateira e Nespereira en Nigrán, Raña en Priegue, Campo Grande en Camos ou Casas en Nigrán antes de organizar un cronograma por parroquias e os conserxes nos colexios de Mallón, Camos (CEIP da Cruz) e Vilariño (CEIP Carlos Casares).

Selección

O proceso selectivo, que se levou a cabo a través da oficina de emprego Baiona, acorde ás bases establecidas, dándose prioridade ás vítimas da violencia de xénero, maiores de 45 anos, mulleres con baixa cualificación, persoas con familia monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixas ou ás que teñen cargas familiares.

Entre as labores que desenvolverán os peóns forestais a xornada completa atópase a conservación dos bens municipais, o mantemento das estradas, camiños e roteiros en perfecto estado, poda de árbores ou arbustos, a protección do medio ambiente ou a preservación das instalación escolares ou zonas verdes.

Pola súa banda, os conserxes ocuparanse de fotocopias, control de acceso á escola e ás actividades, preparación do Auditorio, ademáis da colaboración no desenvolvemento de actividades.

Manter os servizos municipais

A elección destes dous perfís profesionais fundaméntase na necesidade do Concello de manter axeitadamente os servizos municipais nun tipo de áreas no que o persoal fixo do Concello resulta insuficiente. O obxectivo pararelo é que os beneficiarios melloren a súa capacitación e, con elo, as posibilidades de incorporarse ao mercado de traballo ordinario tras rematar no Concello.

También te puede interesar