Agenda Cultura

Unha morea de actividades en Vigo durante esta ‘ponte’ das Letras Galegas

Música, títeres, libros, arte, animais ou teatro,

Unha morea de actividades en Vigo durante esta 'ponte' das Letras Galegas

Non terás tempo para nada estes días…se é que non estás celebrando o Día da Letras Galegas en Portugal, Brasil, Angola…mesmo en Macao ou,… gozando da visita teatralizada Meigas fora!, en Santiago; coñecendo á ‘Mulleres da Coruña’; dando un paseo polo Casco Vello de Ourense; da man das historias dos romanos na milenaria cidade de Lugo…ou quedaches na casa e estás apuntado a un atractivo free tour por Vigo.

Se elixiches está última, podes coller o coche, a moto, mesmo a bici e aproveitar que, ata o domingo en Redondela, segue o Festival de Títeres, que ten programadas 70 actuacións en 13 escenarios da vila

Tamén tes aquí o Día Internacional dos Museos, e o Marco, e o Liste súmase a esta celebración cunha variada programación.

Ademáis, no Centro Comercial Camelias (Praza de América,1), está a Feira Retrofest  os días 16 e 18 adicada ás Letras Galegas, cunha atractiva selección de productos literarios e culturais

Por si non estás para nada disto…veamos, temos dúas recomendacións se o que queres é algo máis de ‘recollemento’ e tranquilidade. A primeira delas é unha serie: ‘Sucession’, en HBO, unha narración dramática sobre o poder, o diñeiro, a política dende os ollos dunha familia disfuncional.

A segunda é un libro imprescindible, que apenas leva unha semana nas librerías, ‘Pel de cordeiro’, de Ledicia Costas (Xerais). Hai unha semana quedamos en léela e así o fixemos…un consello: no a perdas. Do mellor de Ledicia Costas, con fantasía, maxia, bruxas, historia, Galicia, emoción, confusión, adictiva…non queres que remate. Ímolo poñer así, para que o entendan os da Academia Sueca: “en fantastisk roman som man inte vill ta slut”.

Viernes, 17

Na Praza de Abastos do Calvario (Urzáiz, 183), de 11:00 a 20:00h. nova edición do Mercado da ARTE. Durantetodo o día os postos de peixe e carne estarán tomados pola pintura, ilustración, cerámica, textil, xoieria, serigrafía. Entrada de balde.

Ollo: tes todo un mundo de actividades para os cativos no Vigo Nature , o antigo VigoZoo: o idioma das aves; obradoiro ambiental; o ciclo da auga; coñevendo o noso sol; a pegada do tempo; o mundo dos réptiles. Aquí tes máis información.

Teatro Afundación García Barbón (Policarpo Sanz, 13) ás 20:30h. ‘Señorita Xulia’. Trama: a señorita Xulia aparece morta na cociña da casa do seu pai, o Conde. Todo apunta a que se suicidou cunha navalla de afeitar que pertencía a Xoán, criado predilecto da casa. Durante o interrogatorio, Xoán convértese en sospeitoso de asasinato…

Pasamos á Sala Máster (Urzáiz, 1) na que Ankhara, ás 21:00h. tocarán o seu primeiro disco ” Dueño del Tiempo ” e presentarán o seu novo traballo ” De Aquí a la Eternidad “. Chegan acompañados de AQUELARRE e QUARZUM. Entradas anticipadas 15€ AQUÍ.

Imos á ‘La Fábrica de Chocolate‘ (Rogelio Abalde, 22), onde dende as 21:30h. non podes deixar de ver e escoitar a Ari Y Los Magrittes. Mateo Gil ao piano, Rober Carcos ao baixo, Iria Calvo á batería e Alberto Cabadas na guitarra, acompañan a AriMagritte nunha noite de pop e diversión.

Vernes, 17 de maio – VIGO – Sala La Fábrica de Chocolate
Apertura de portas: 21:30 h.
Entrada anticipada: 10€

Saltamos, xa á 01:30h. á Sala Mondo Club (Joaquín Loriga, 3) que segue a celebrar o seu 16º aniversario e que presenta ao francés Big Dope P, un dos nomes salientabeis da Bass Music e o Footwork, y fundador do sello Moveltraxx, que estará cos artistas locais Bflecha y Mwëslee (Arkestra). Entradas anticipadas en DICE .

Sábado, 18

Moito ollo, porque na Sala Rebullón (Avda. Rebullón, 23), haberá música, espectáculos e actividades para escolares: regresa o Miúdo Fest máis solidario. Así, Os Jalochos actuarán ás 17:00 horas; ás 18:30 horas, dúas caras ben coñecidas para a cativada: Peter Punk e Brais das Hortas ofrecerán o seu  concerto PunkInfantil. E ás 20:00 horas, O Sonoro Maxín porá o punto e final á xornada do 17 de maio nas Pedriñas.

Entrada de balde e apoio a Bicos de Papel: como vén sendo habitual, a Comunidade de Montes de Tameiga organiza o Miúdo Fest con acceso gratuíto, mais este ano inclúe novidades ao respecto. O público interesado en asistir pode descargar de balde o seu convite online, onde ademais ten a opción de mercar un billete solidario en favor de Bicos de Papel.

Movémonos ata o Auditorio Mar de Vigo que dende as 21:00h.será testemuña dun dos evento musicais sen precedentes coa destacada presenza de Malú, quen conmemora os seus 25 anos de carreira como unha eterna aprendiz da música. Nun recital único, a artista madrileña levará á súa audiencia por unha viaxe nostálxica a través dos éxitos que marcaron a súa sólida traxectoria desde que debutase en 1998 co seu álbum “Aprendiz”. As últimas entradas están á venda a través de www.teuticket.com.

Non moi lonxe, na Fábrica de Chocolate (Rogelio Abalde, 22) ás 21:30h. prepárate para o poder explosivo de Madmen, un power trío de rock-garaxe divertido e explosivo co que iremos desde os 60’s ata os 00’s co seu rirmo contaxioso.

Sábado, 18 de maio – VIGO – Sala La Fábrica de Chocolate
Apertura de portas: 21:30 h.
Entrada anticipada: 8€

De volta na Sala Mondo á 01:30h. Objekt & TTO @ FLUX.  Objekt (nome artístico de TJ Hertz), é un coñecido produtor e DJ afincado en Berlín, logo dunha movida traxectoria vital: nado en Tokio de pais británico-americano e filipina, e criado en Bélxica e Reino Unido, como músico, obtivo recoñecemento temperá a nivel internacional grazas a traballos autoeditados,chegando a remexer a artistas como Radiohead e editando en selos da influenza de Hessle Audio. 

Domingo, 19

No Teatro Salesianos (Venezuela, 3), ás 12:30h e 17:00h, Abismo Caracol presenta «Pulgarcita», a súa nova produción teatral infantil en galego (dirixida por Darío Autrán e protagonizada por Uxía Suevos e Nano Rivas), que estará en Vigo  para festexar o Día das Letras Galegas. Entradas: Ataquilla.com.

También te puede interesar