Destacados Vigo al minuto

Os vigueses que perciben o subsidio de desemprego verán aumentar os seus ingresos

Ata 570€ e abranguendo menores de 45 anos sen cargas familiares

Os vigueses que percibe o subsidio de desemprego verán aumentar os seus ingresos

Miles de vigueses que perciben o subsidio de desemprego verán aumentar os sue ingresos. Son parte das 16.377 persoas que residen na provincia de Pontevedra e que poderán beneficiarse da reforma desta axuda, aprobada polo Consello de Ministros o martes pasado.

Compatibilizar o subsidio con un traballo

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, sinala que as persoas traballadoras que se acollan ao novo modelo asistencial do desemprego gozarán dun acceso máis simple, mellor protección e, ademais, poderán compatibilizar subsidios e prestacións por desemprego co propio emprego. A normativa, que é froito do acordo alcanzado o pasado mes de maio entre o Goberno de España e os sindicatos, entrará plenamente en vigor no próximo mes de novembro.

Mellora da protección

A partir do 1 de xuño, o subsidio por desemprego alcanzará os 570 euros durante os 6 primeiros meses, en lugar dos 480 euros que ser percibían ata o de agora nese mesmo período. A reforma prevé tamén outras modificacións, entre elas a eliminación do mes de espera dende a solicitude e a concesión da prestación, “acabando así cos baleiros na cobertura nun momento en que as persoas precisan percibir o alento das institucións e que, co modelo anterior, non entendían que tivesen que estar un mes sen cobrar”, apunta Losada.

Ademais, a axuda ábrese ás persoas menores de 45 anos sen cargas familiares, unha condición (a de ter cargas familiares) que ata agora era requisito indispensable e esténdese tamén ás persoas traballadoras eventuais do réxime agrario.

Así mesmo, as mulleres maiores de 16 anos vítimas de violencia de xénero poderán acceder a un subsidio específico de nova creación coas mesmas contías. Outra novidade é a posibilidade de acumular as horas retribuídas de ausencia por lactancia como un dereito de tódalas persoas traballadoras sen que esta posibilidade estea recollida por convenio. Finalmente, recoñécese tamén o dereito ao subsidio aos españois emigrantes retornados sen dereito a prestación retributiva por desemprego.

Preto de 25.000 beneficiados

O subdelegado do Goberno destacou que non só as 16.377 persoas que actualmente perciben o subsidio por desemprego pasan a beneficiarse deste paquete de melloras, senón que hai outras 8.000 persoas menores de 45 anos na provincia que están agora mesmo percibindo a prestación contributiva por desemprego (o “paro”) que poderán percibir o subsidio de desemprego unha vez rematen de percibir a prestación contributiva, dado que se ten eliminado o requisito de contar con cargas familiares para poder beneficiarse desta axuda.

Contías

As contías que se poderán percibir co novo modelo do subsidio de desemprego increméntanse porque sobe a porcentaxe equivalente do Indicador Público de Rendas Múltiples (IPREM). As novas contías do subsidio por desemprego son as seguintes:

  • 6 primeiros meses: 95 % IPREM 6 meses (570 euros segundo a referencia actual).
  • 6 meses seguintes: 90 % IPREM (540 euros).
  • Resto del período: 80 % IPREM (480 euros).

También te puede interesar