Comarcas

Exposición de bicicletas antiguas

Empregadas no reparto do pan, da prensa ou do leite, mesmo as que usaba a Garda Civil

Exposición de bicicletas antiguas

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, organiza xunto cos coleccionistas particulares Antonio Pino Magallanes, Manuel Pazó e Luis Molist,  esta mostra co obxectivo de render unha merecida homenaxe as figuras de Alfonso González Besada do establecemento “Ciclos Palacios” da Ramallosa  e a Fernando González Durán de “Bicicletas Fernando” de Baiona, por máis de medio século adicados ao taller de aluguer e reparación de motos e bicicletas no Val Miñor.

Reparto de pan, prensa, leite…mesmo as da Garda Civil

Esta mostra realiza un percorrido polas diferentes bicicletas antigas e clásicas que se empregaban nos oficios de antano como por exemplo; as utilizadas no reparto de pan, de prensa, de correos, os repartidores de leite ou a garda civil, entre outras. Así mesmo, contará cun apartado de bicicletas relacionadas co eido do cine, con réplicas  presentes en películas como “Sempre Xonxa”, “La Vida es Bella”  ou “ET, Extraterrestre”.

A exposición

  • Lugar: Multiusos do Mercado de Sabarís
  • Datas: do 24 de maio ao 12 de xuño de 2024
  • Horario: luns, sábados e domingos de 11:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:30h, e de martes a venres de 17:00 a 20:30h .
  • Entrada libre.

También te puede interesar