Comarcas

Leonor, impresionante aos seus 101 anos

Covelo, terra de centenarios

Leonor, impresionante aos seus 101 anos

Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís, Baiona, naceu e vivíu sempre no seu barrio natal de Viso de Calvos xunto aos seus irmáns.

Non se lle esquece o seu ano de nacemento, 1923, tampouco o seu barrio nin a súa familia incluso aqueles que emigraron e lle mandan o seu cariño dende Arxentina.

O alcalde, Pablo Castillo, e a concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes, no nome de toda a Corporación trasladáronlle os seus parabéns acompañados dunha cesta de flores frescas e unha tarta de aniversario.

O ano de Wembley, Pancho Villa, o golpe de Primo de Ribera…e do Celta

Non é para menos posto que o ano que naceu Leonor comezou en luns; en xaneiro foi o primeiro vo do ‘Autogiro La Cierva’, precursor do helicóptero; en febreiro descubriuse o sepultura de Tutankamon; en abril ábrese ao público o mítico estadio de Wembley; o 20 de xullo matan a Pancho Villa; ollo: o 23 de agosto fúndase o Real Clube Celta; o 2 de setembro prodúcese o atraco máis importante da historia de España: o grupo anarquista Los Solidarios faise con de 500.000 pesetas da sucursal do Banco de España en Xixón; o día 13 o xeneral Primo de Ribera da un golpe de Estado -o primeiro do século XX…mais non o último, desgraciadamente-; Hitler condenado a prisión -lamentablemente, saiu dela.

Ademaís de Leonor, ese ano naceron o bioquímico Santiago Grisolía (falecido en 2022); o cineasta Franco Zefirelli; o príncipe Rainiero III de Mónaco; o actor e director Lord Richard Attenborough; Lola Flores; a soprano María Callas ou o escritor Jorge Semprún.

Se queres vivir 100 anos tes que ir a Covelo

Xa o dixemos: os veciños e, especialmente, as veciñas de Covelo teñen tendencia a chegar a centenarias. Temos probas: en novembro de 2023 celebramos os 108 anos de Concepción Val e o pasado marzo os 100 anos de Valentina Muíños… qué terá este concello? Será a comida? O aire? A tranquilidade?…señor alcalde, qué posibilidades hai que que levemos a nosa redacción para Covelo? Xa nos contará.

También te puede interesar