Destacados Vigo al minuto

Avante LGBT+ e Nós Mesmas organizan o ‘Orgullo 2024’ sen o apoio do Concello de Vigo

Poñen en marcha un mes enteiro de actividades

Avante LGBT+ e Nós Mesmas organizan o 'Orgullo 2024' sen o apoio do Concello de Vigo

O Orgullo Crítico LGBTIQ+ de Vigo deste ano contará con todo tipo de actividades, dende charlas e obradoiros, ata proxeccións de filmes e obras de teatro. Como peche do mes, terá lugar o sábado 29 a Festa Diversa na Porta do Sol. Esta celebración, e o resto de actividades deste ano, serán completamente autofinaciadas polas asociacións ao non haber partida no Concello de Vigo adicada a estes actos, realidade que contrasta ca de outras cidades e vilas da Galiza.

Sen apoio económico das institucións

⮚ A programación do Orgullo 2024 conta co apoio das organizacións e centros sociais da contorna. Colaboran activamente asociacións como Colectivo Diverso do Morrazo e DeFrente LGTBI+, espazos tan emblemáticos da cidade de Vigo como a Sala Ártika e Multicines Norte, ademáis de entidades e colectivos como Amnistía Internacional e VACAburra.

⮚ Debido ás esixencias deste ano a para levar a cabo festa do Orgullo LGTBI+ na cidade de Vigo, esta estase a financiar a través dun crowfunding nas redes sociais da asociación Nós Mesmas. “Ningunha das actividades conta actualmente co apoio económico das institucións, polo que todo consegue saír adiante co esforzo das persoas voluntarias de ambas organizacións”.

“A festa do Orgullo é un acto reivindicativo no que saimos ás rúas a ocupar un espazo que tamén nos pertence. As persoas do colectivo sabemos o que é saír de noite con medo a ser agredidas. Este 29 de xuño ocuparemos de novo a Porta do Sol, visibilizando todas xuntas a nosa loita” explica Almudena González, representante comarcal de Avante LGBT+.

Traballo conxunto

”Día a día notamos a falta de ambientes e espazos de ocio nos que compartir sobre as cuestións que nos afectan, que moitas veces están ligadas a nosa sexualidade, a nosa identidade de xénero ou a forma que temos de entender a diversidade”.

“Para a erradicación da LGTBIfobia precisamos dun traballo conxunto no que participen todes es axentes implicades, e actualmente as asociacións estámonos a sentir soas nesta difícil tarefa”, subliña Marta Alonso, representante de Nós Mesmas.

“Malia que a manifestación do Orgullo só ocupa un día ao ano, representa unha reivindicación e unha loita que abrangue á realidade que as persoas LGTBI+ afrontamos na nosa rutina. É por iso que ver a falta de sensibilidade que percibimos por parte das institucións municipais nos fai ver que aínda queda moito por facer”.

Manifestación LGTBI+

⮚ACTOS ORGULLO CRÍTICO LGBTIQ+

  • 1 de xuño ás 11:00h. no C.S. A Desviada ( Avenida Fragoso, 47)- Brunchstorming – Brunch con mesas no que compartir ideas e pensar como construir xuntas.
  • 1 e 2 de xuño ás 20:00h. na Sala Ártika – Teatro: Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, do colectivo artístico Vacaburra – Conferencia escénica con servizo de conciliación para crianzas.
  • 8 de xuño ás 20:00h. no C.S. A Desviada – Cinema: The Rocky Horror Picture Show – Proxección do filme con interacción do público.
  • 9 de xuño ás 12:30h. no Monte Vixiador – Un día en familia – Xornada de convivencia para familiar. Require de inscrición previa.
  • 9 de xuño ás 19:00h. na Sala Kominsky – Bingo para señoras – Actividade organizada polo Festival Drag King que busca recadar fondos para as súas actividades e gala do mes de xullo. As papeletas poden comprarse no propio evento.
  • 11 de xuño ás 19:00h. no Museo MARCO – Curtas Festival La Pecca – Proxección dunha escolma de curtametraxes participantes relacionadas coa diversidade sexual e de xénero.
  • 13 de xuño ás 18:00h na Biblioteca Neira Vilas – Contacontos – XE musicalizado. A partir de catro anos. Coa colaboración e presenza da autora, Lara Boubeta.
  • 15 de xuño ás 11:30h desde Asociación Nós Mesmas – Pedalada e vermú transmaricabollera – Percorrido en bici e vermú con actuación musical e vermú.
  • 16 de xuño ás 19:00h na Asociación Nós Mesmas – Xuntanza Bibollo – Conversatorio sáfico sobre vivencias comúns e alianzas.
  • 19 de xuño ás 19:00h nos Multicines Norte – Documental: Homofobia de estado + coloquio – O activista Kris Adá falará sobre a realidade migratoria das persoas LGBTIQ+.
  • 22 de xuño ás 19:00h no C.S. A Desviada – Obradoiro de Anarquía relacional -Repensando os vínculos alén dos mandatos do patriarcado.
  • 22 de xuño ás 21:00h no C.S. A Desviada – Festa da desviada hortera – Acude coa túa estética máis excéntrica.
  • 23 de xuño ás 21:00h en Alcabre – San Xoán Transmaricabollera – Quedada na praia de Santa Baia compartindo unha noite máxica.
  • 24 de xuño ás 19:00h en A Morada – Faladoiro: A miña maleta – Experiencias de vida de migrantes LGTBI+ refuxiados, coa colaboración de Amnistía Internacional.
  • 27 de xuño ás 20:00h no C.S. A Desviada – Exposición de Pablo Carreiro – O autor e ilustrador presenta o seu novo cómic da saga Chico!
  • 28 de xuño ás 18:00h no C.S. A Desviada – Obradoiro de pancartas – Achégate a crear a túa pancarta para a mani do Orgullo.
  • 28 de xuño ás 20:00 no Casco Vello – Pasarrúas batukada – Percorrido reivindicativo polo Orgullo.
  • 29 de xuño ás 20:00 no cruce de Urzáiz con Gregorio Espino – Manifestación – Quedada previa na a partir das 17:30 Porta do Sol con DJ e maquillaxe para ir todas xuntas ata o punto de saída.
  • 29 de xuño de 21:30 a 01:00 na Porta do Sol – Festa diversa – Con DJ.

También te puede interesar