A ex alcaldesa de e voceira do grupo municipal socialista no Concello de Salceda, Verónica Tourón, presentou oficialmente a súa renuncia como edil da corporación municipal.
Esta renuncia, explica o PSOE nunha nota, responde a unha decisión persoal. “A miña firme convicción de que as persoas que nos dedicamos á política deben renovarse nos cargos públicos e creo que é o momento de dar paso a novas persoas nunha transición sosegada, tranquila e con total apoio aos novos compañeiros que formarán o grupo municipal nesta lexislatura”. Por outra banda, conclúe, “actualmente estou inmersa nun novo proxecto profesional que require plena dedicación”.
A executiva local, na que Verónica Tourón seguirá como secretaria xeral trasladou o agradecemento ao traballo realizado pola ex-alcaldesa durante os 9 anos que desempeñou o cargo de concelleira, tanto no seu inicio como voceira do grupo municipal na oposición, e sobre todo na última lexislatura na que Verónica Tourón foi a primeira alcaldesa socialista de Salceda.
Comezan os traballos para cambiar máis de 2.700 lámpadas a tecnoloxía LED
Tamén en Salceda, e logo da obtención da “maior subvención da historia do noso Concello”, por importe de 1.500.000€ para o cambio de 2.780 luminarias de tecnoloxía LED, esta semana veñen de comezar os traballo de execución nas nosas parroquias.
Con esta importante inversión, subliña a alcaldesa, Loli Castiñeira, “conseguiranse importantes obxectivos”, entre eles:
- Mellora da calidade lumínica e maior seguridade viaria e peonil.
- Aforro dun 63% no consumo enerxético.
- Coidado do medio con menor contaminación.
- Eliminación de puntos negros por falla de alumeado público.
- Reparación e/ou substitución de cable danado.
- Mellora do alumeado en espazos e instalacións públicas (Parque e Campo de fútbol da Gándara, Área Recreativa do Regueiro).
- Novas redes de alumeado (Urbanización O Regueiro, contorna do IES Pedras Rubias).
- Mellora no alumeado de puntos de interese como Centros Culturais ou Igrexas parroquiais.
- Instalación dun sistema de telexestión con redución da intensidade nas horas centrais da noite.
- Substitución dos 53 cadros de mando do Concello.
“As obras realizaranse segundo a tipoloxía de luminarias por tramos que se irán alternando ao longo de todo o Concello durante os catro meses e medio que dura o proxecto”. Así, as zonas nas que se actuará de xeito inmediato son:
- 1. Budiño: Urgueira e O Barral
- 2. Soutelo: Igrexa e Sobredo
- 3. A Picoña: Carballeira e A Fraga
- 4.- San Xurxo: Bouzavedra
- 5.- Santa María: A Feira