Cultura

Contacontos musical arredor de “XE”, en Vigo

Este xoves, na Biblioteca Neira Vilas

Contacontos musical arredor de “XE”, en Vigo

Este xoves, día 13 de xuño, celebrarase, ás 18:00h., enmarcado na programación do Orgullo LGBT+ de Vigo, na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, unha sesión contacontos musical arredor de “XE”, de Lara Boubeta Bamio, ilustrado por Sara Valcárcel; organizada en colaboración coas asociacións Avante LGBT+ e Codimo.

“Xe”, é un álbum de Lara Boubeta Bamio, ilustrado por Sara Valcárcel, que fala sobre a liberdade, sobre o dereito de ser a persoa que verdadeiramente queiramos ser.

Xe

Nesta lectura, dedicada á cativada, o personaxe principal, Xe, é un neno ou unha nena, quen sabe? Un misterio para toda a humanidade. A través desta historia, autora e ilustradora, expoñen a necesidade de fuxir do canon social, do politicamente correcto, para atopar a propia esencia. Esta obra representa a búsqueda da liberdade e, sobre todo, da identidade persoal.

Unha identidade que fuxe dos mandatos ou expectativas sociais, e que abraza o propio sentimento individual. Xe é un exemplo de reivindicación e exposición da realidade das persoas intersexuais. Un libro que busca xerar un espazo seguro no que visibilizar e achegar a diversidade dende as idades máis temperás. Un lugar no que xerar debate e facernos preguntas.

También te puede interesar