Destacados Vigo al minuto

O Supremo confirma a nulidade do ‘acordo’ de teletraballo de Stellantis Vigo

E ratifica a indemnización de 30.000€ á CUT por vulneración da liberdade sindical

Stellantis suspende la paga de beneficios para sus trabajadores

O Tribunal Supremo non admitiu o recurso da empresa e confirmou a sentenza de 2023 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), «que viña de condenar novamente a Stellantis Vigo, por vulneración de dereitos fundamentais e da liberdade sindical, neste caso a CUT como único sindicato demandante».

Como informan dende a central sindical, a sentenza declaraba nulo o acordo individual de teletraballo e acredita tres vulneracións a liberdade sindical polas que a empresa ten que indemnizar a CUT con 30.000€.

«Política antisindical»

Con esta sentenza, aseguran os representantes sindicais, «confírmase a clara política antisindical que ten esta empresa de cara a CUT, a única central sindical que lle fai fronte. O ninguneo continuado ao que pretende someternos, ocultándonos continuamente a información indispensable para poder actuar na defensa das persoas traballadoras e limitando a nosa acción sindical, ao que agora e unha vez máis con esta nova sentenza, ponlle freo o Tribunal Supremo«.

Nulidade do acordo de teletraballo

No caso concreto desta sentenza, dende a CUT entenden que ratifica que o acordo de teletraballo, «imposto unilateralmente pola empresa», é nulo, e «mais a vista das diferentes cláusulas» que nel se recollen: dunha banda, dificulta dereitos de conciliación as persoas que de adhiran ao acordo
individual de teletraballo e, doutra, establece condicións de equipamento tamén a cargo da persoa traballadora como pode ser o internet, cando é a empresa quen debe de facilitalo.

Así mesmo, a compensación económica realizada pola empresa de 120€ brutos/ano, non pode ter
consideración de salario
, «xa que sería transformar parte do salario en indemnizacións ou suplidos, reducindo o salario por esta vía».

Por último, condiciona os limites da desconexión dixital, ao poder establecer comunicacións urxentes fora da xornada laboral das persoas traballadoras.

Silencio cómplice

Dende a central apuntan que si ben a CUT non ten representación no colectivo afectado pola imposición das condicións de teletraballo, «isto non quita que velemos polos seus dereitos e poñamos en valor a importancia da negociación colectiva sobre a individual, protexida na lexislación vixente. Esta imposición
das condicións, contou co silencio cómplice de SIT, UGT e CC.OO, a pesares de que si teñen representación no colectivo afectado».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.