O teléfono 010 do Concello de Vigo será gratuito dende o mes de xullo. A Xunta de Goberno adxudicou a contratación do servizo integral de telecomunicacións municipal, é dicir, os servizos de telefonía a internet. Unha UTE de Telefónica é a empresa adxudicataria dun contrato que conta cun orzamento de 2,9 millóns e un prazo de 4 anos cunha posible prórroga dun ano.
Según o alcalde, esta concesión permitirá que os veciños deixarán de pagar 77.000€ ao ano no seu recibo telefónico por estas chamadas– das que pasarán a facerse cargo as arcas municipais- que “suporá unha mellora importantísma na relación entre o Concello e a cidadanía”.
Axudas para a mellora de campos de fútbol privados
Así mesmo, o Goberno municipal aumentará as axudas para realizar melloras en instalacións de campos de fútbol de titularidade privada, que realizan “actividades de interese para a cidadanía de Vigo” servirán para financiar un máximo do 75% das actuacións que realicen.
Se trata, maioritariamente, de campos de herba artificial, cun período de uso de 8 a 10 anos e que a partir de aí teñen que ser substituídos e as axudas poden solicitarse nun prazo de 20 días, a partir da publicación da convocatoria do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Servizo de Axuda Domiciliaria á Infancia
Ademais, o Goberno Municipal adxudicou á Asociación de Mulleres Progresistas o contrato do Servizo de Axuda Domiciliaria á Infancia por importe de 412.000 euros.
O obxectivo do mesmo é facilitar o coidado temporal dos menores de 12 anos que quedan sós mentres as súas nais están traballando e potenciar a inserción no mundo laboral das nais en situación de vulnerabilidade social..
Este servizo de axuda a infancia na casa inclúe a mulleres que son vítimas de violencia machista e, por tanto, facilítalle a actividade laboral conciliada coa familiar e a atención aos seus fillos.