Os traballadores de Alymosa chegaron a un preacordo coa empresa auxiliar da automoción que permitirá desconvocar o paro indefinido co que levan desde as 6 de esta mañá. A compañía, con sede no polígono industrial de O Porriño e auxiliar de Citroën, comprometeuse a incrementar arredor dun 14 por cento o salario dos empregados ete mesmo ano.
O aumento salarial que recollería o convenio para 2011 sería do IPC real máis un 0,5 por cento e a mesma cantidade o ano seguinte. Deste xeito, o salario base incrementaríase este ano un 6,9 por cento, mentras que a prima de asistencia quedaría fixada nun 2 por cento e a de produción pasaría dos 106 aos 171 euros. A prima de transporte pasa a ser unha cantidade fixa que se incorpora aos salario base durante tres anos. Tamén se establece unha reducción de xornada de dous días.
O acordo chega despois de 5 meses de contactos tras unha reunión de 10 horas que comezou hoxe ao mediodía.