Comarcas

O Porriño entrega os primeiros ‘Premios Antonio Palacios’

Ao Almanaque ZZ, Zendal, as rondallas de Pontellas e Santa Eulalia e Balonmano Porriño

O Porriño entrega os primeiros Premios Antonio Palacios

Os primeiros Premios Antonio Palacios, instaurados polo Concello do Porriño, coincidindo co 150 aniversario do xenial arquitecto, xa están nas mans dos seus donos.

Estes galardóns, entregados diante da Casa do Concello, que este 2024 cumpre o seu primeiro século, distinguen a aquelas persoas, asociacións, empresas e inicitivas que teñen un lugar sobranceiro no eido social, do deporte, da economía, do benestar ou da cultura.

Galardóns

Precisamente, no ámbito cultural o premio foi para o histórico Almanaque Agrícola ZZ; o Grupo Zendal foi distinguido no apartado de empresa; no eido de compromiso social, a distinción acabou nas vitrinas das rondallas Santa Eulalia de Atios e a da Asociación Cultural de Pontellas, por último o Club Balonmano Porriño recibiu o premio na categoría deportiva.

O alcalde fixo entrega, ademáis dun premio de honra, ao historiador e profesor Xosé Ramón Iglesias Veiga.

Cerimonia

O acto estivo presidido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado do conselleiro de Cultura, José López Campos, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, quen subliñou o feito de que “Antonio Palacios deixou un bo legado de ‘construtores'”, en referencia ao traballo dos premiados.

También te puede interesar