Desde este luns, día 24, e ata o 4 de xullo estará aberto o prazo de solicitude para cursar unha titulación de Formación Profesional nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o novo curso 2024-2025 -un 11% máis-.
Os interesados poderán escoller entre 214 titulacións diferentes -17 delas de nova implantación- repartidas en 153 ciclos de grao medio, básico e superior, 22 másteres, 24 títulos de alta especialización e 15 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.
Así pois, quen desexe estudar un ciclo de FP o próximo curso, a través do Portal Educativo ten dispoñibles as instrucións cos detalles específicos para cada unha das modalidades. En todo caso, as principais datas son as seguintes:
Oferta | Presentación de solicitudes | Resolución provisional de solicitudes | 1ª adxudicación de prazas | Período de matrícula para as persoas admitidas |
Ordinaria/modular | Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h. | 10 de xullo | 17 de xullo | Do 17 de xullo desde as 9:00 h. ao 22 de xullo ás 13:00 h. (para a 1ª adxudicación) |
FP Dual Intensiva | Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h. | 8 de xullo | 15 de xullo (do 8 ao 12 de xullo haberá un período de selección polocentro educativo e as empresas) Prazas adxudicadas e en espera o 15 de xullo | Do 16 de xullo ás 9:00 h. ao 24 de xullo ás 13:00 h. |
Másteres de FP | Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h. | 10 de xullo | 17 de xullo | Do 17 de xullo ás 9:00 h. ao 22 de xullo ás 13:00 h. |