Deportes

Máis de 400 deportistas competirán no X Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Este domingo no Pavillón Gustavo Rodríguez, de Tui

Máis de 400 deportistas competirán no X Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Máis de 400 deportistas de España e Portugal van participar este domingo, día 7, no pavillón municipal Gustavo Rodríguez, no X Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade.

Dende ás 10.30 h serán dúas horas dunha espectacular competición deportiva nas modalidades de Kung Fu Tradicional e Moderno, que reunirá a nenos e nenas dende os 8 anos até deportistas veteranos. No evento participarán varios medallistas nacionais e europeos o que reflicte o alto nivel da competición.

X Campionato Ibérico de Kung Fu da Eurocidade Tui-Valença

Está organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Na presentación do evento, realizada na casa do Concello participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do comité organizador, Eduardo Jorge Méndez, e o deportista Miguel Santos, que ten no seu haber máis de 20 campionatos de España nas distintas modalidades de Kung Fu.

O alcalde salientou na súa intervención a consolidación do evento e o alto nivel de aceptación que ten por parte do público. Reafirmou o compromiso da administración no apoio ao deporte e a esta proba deportiva en particular. Ao tempo o rexedor tudense salientou que máis aló da repercusión no ámbito deportivo e social este evento deportivo é, tamén, un elemento de dinamización económica.

También te puede interesar