Logo de que o Consello da Xunta aprobara este martes o acordo para comprar, xunto coa Deputación de Pontevedra, o Cine Fraga, onte foi o goberno do organismo provincial o que deu o seu visto bo.
Como anunciaran logo do seu encontro o presidente da Xunta e o da Deputación, as dúas administracións decidiron a adquisición do histórico inmoble vigués para destinalo a usos culturais, a través dun convenio polo que o ente provincial achegará o 49 % e a Xunta o 51% dun investimento total que ascende a 9,3 millóns de euros.
“É un paso máis para recuperar para a cidadanía un emblema cultural de Vigo”, afirmou Luis López, presidente da Deputación, engadindo que é un trámite administrativo necesario para facer realidade a transacción e conseguir a reapertura do inmoble, que “se convertirá nun centro cultural de referencia para a cidade, a provincia e o conxunto de Galicia”.
Avaliación do seu estado, dos traballos de recuperación e elaboración dun plan de usos
Unha vez completada a compra, avaliarase o estado e as necesidades de actuación co obxecto elaborar
un proxecto que permita completar a restauración e reabrir este espazo de enorme simbolismo para Vigo.
Do mesmo xeito, traballarase cos axentes culturais para elaborar un plan de usos que faga do Cine Fraga a referencia cultural que sempre foi.