Cultura

Galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos, polas rúas do Porriño en Porrigalia

O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, será o pregoeiro este ano

Galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos, polas rúas do Porriño en Porrigalia

Galos, castrexos, romanos exipcios e gregos, xa andan polo Porriño…é que está en marcha Porrigalia, a festa dos Xogos Olímpicos que comeza este venres día 12, e que continuará o sábado 13 e o domingo, 14 de xullo.

Astérix e Obélix, acompañado polo seu fiel amigo canino Ideafix, estiveron entrenando os saltos de lonxitude na praza do Arquitecto Antonio Palacios, xunto a algúns nenos e nenas do Porriño, mentres o alcalde, Alejandro Lorenzo e maratoniana Ana Pérez animaban a todas e todos a “participar nestas festas tan divertidas, con programación para todos os públicos e pensadas para disfrutar coa familia e as amizades”.

O adestrado do Celta, Claudio Giráldez, pregoeiro

Este venres, tomarán as rúas da vila 9 comparsas representando as civilizacións dos galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos, que disputarán os xogos da Porrigalia. Máis de 150 participantes que acompañarán á corredora Ana Pérez e Claudio Giráldez, adestrador do Celta de Vigo, porteadores da chama olímpica desta edición. Giráldez, ademais, será o encargado de dar o pregón, sobre ás 20:30h.

Concertos de A Roda, Lucía Pérez ou A Gramola Gominola

A música é parte fundamental da Porrigalia, e ademais das charangas nas rúas que quentan o ambente durante os tres días de festa, este ano a veciñanza do Porriño poderá disfrutar da música en vivo de varios grupos musicais. Lucía Pérez (venres 12 ao rematar o pregón e o acendido da chama olímpica).

La Patrulla dará un concerto o sábado 13, despois do “secuestro” do alcalde. Ese mesmo día, ás 21:30h A Gramola Gominola tocará tamén na mesma praza. E o domingo actuarán os Gin Toni’s (13:00h.), Picadiscos MariFaltri (19:00h.) e A Roda ás 20:00 h.

Durante toda fin de semana haberá actuacións de DJ’s nas distintas prazas da vila. Figuras como DJ Donper, DJ Brokkt, DJ Keva, DJ Rulo, DJ Mus ou DJ Juan de Marco, amenizaran as veladas do venres e o sábado.

Probas olímpicas

As probas olímpicas para grandes e pequenos, os xogos populares, espectáculos infantís, teatro, a tradicional queimada do Rei Panoramix, e o espectáculo “Lume” de Troula, completarán a programación deste ano. Esperamos que o alcalde volva recuperar o mando antes de que acaben as festas.

Tes toda a programación de Porrigalia en porrigalia.org.

Ollo: cortes de tráfico

Nestes días, hai que ter en conta os problemas de tráfico. Así a Policía Local do Porriño vén de informar dos cortes e restriccións que se aplicarán no centro urbano.

  • Sábado día 13 sobre as 12:00h.- cortarase o tráfico durante o desfile olímpico, desde o Parque Infantil da rúa Domingo Bueno ata a rúa Pío XII. O desfile continuará por esa rúa para xirar pola rúa peonil Ramón González ata a praza do Arquitecto Antonio Palacios.
  • Domingo día 14 a rúa Domingo Bueno permanecerá cortada desde o Centro Cultural Municipal ata a praza do Canteiro desde as 16:00 h ata as 24:00 aproximadamente.

También te puede interesar