Cultura

Festa da Cultura 2024, o venres e sábado na Porta do Sol

Poderemos elixir entre 22 actuacións

Festa da Cultura 2024, o venres e sábado na Porta do Sol

Chega a cita anual de Vigo coa Festa da Cultura, na Porta do Sol. Será nos días 19 e 20 de xullo, venres e sábado, cando os vigueses poderemos gozar deste evento deseñado para chegar a tódolos públicos, podendo elixir entre 22 actuacións.

E, seguindo co teatro, a Festa tamén extenderase ao longo do mes de setembro cun ciclo de obras que serán interpretadas en diferentes centros culturais da cidade.

Un ano máis, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, entidade sen ánimo de lucro, reúne a cultura das diferentes parroquias locais.

A cita comezará o venres 19 coa seguinte programación:

18:00h – Tarambainas
18:20h – Beade
18:40h – Grupo de Gaitas de Paradavila
19:00h – Flashdance de Cabral
19:20h – Valladares
19:40h – Andarela
20:00h – Rueiro
20:20h – Ata o mandil Dolores
20:40h – Os Arroases do Fiadeiro
21:00h – Traspés
21:30h – Os Ventos de Comesaña

E continuará o sábado 20 de xullo pola mañá:

12:10h – Cans de Palleiro
12:30h – Lembranzas Galegas
12:50h – Froles Novas
13:10h – Monteira, danzas do mundo

E pola tarde:
19:00h – Queixumes
19:20h – Freixo

19:40h – Cantareiras Atlántida de Matamá
20:00h – O Coto
20:20h – Corisco
20:45h – Autoridades
21:00h – Banda de Gaitas Charamuscas

También te puede interesar