Vigo celebra este venres, día 26 de xullo, unha nova edición da Noite Branca na rede de museos municipais que acollen unha xornada especial na que as coleccións e as exposicións se revisten de música e outras actividades: visitas guiadas, concertos, obradoiros, con apertura desde as 8 da tarde ata as 2 da madrugada. As actividades son gratuítas e para tódolos públicos, con reserva previa necesaria para algunhas delas.
Castrelos
No Museo de Castrelos haberá:
- Obradoiro de cerámica castrexa de 20:30 a 22 horas (con reserva)
- Visitas guiadas cada hora desde as 20 ás 23 horas (non precisa reserva)
- Visita libre entre as 20:00 horas e as 2 da madrugada
- Ademais, os Xardíns acollerán un xogo de pistas para público de 8-14 anos (sen reserva),
- visita guiada ao xardín histórico
- música e danza na parte dianteira da man do espectáculo de Neonymus “Ritos do esquecemento e memorias prehistóricas” ás 00:00 horas; trátase de música polifónica con danza contemporánea e performance apoiada en videoproxeccións.
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego ofrece:
- Visitas guiadas á mostra “O teu rostro na multitude. As miniaturas do Legado Policarpo Sanz e Irene Ceballos” e á nova colección Colmeiro.
- Tamén haberá ilusionismo de vangarda con Pedro Volta, con pases ás 20, 21:30, 23 e 00:30 horas para os que é preciso reservar.
- No exterior do museo, ás 20 horas, poderá gozarse de Animacreques da man de Catropés: zancos e danza nunha proposta de animación e intervención na rúa.
- Tamén poderán facerse visitas libres dende as 20:00 horas ás 2 da mañá.
A Casa das Artes
- Programa ás 20:00h. contacontos “Sentido emocións”, para o que é preciso reservar
- Igual que para dous obradoiros: “Laxeiro e os seus personaxes”, 21:00h., e o taller creativo “Imposibles” ás 20:30h.
- Poderá gozarse tamén da peza teatral “A libraría máxica” ás 22:30 horas.
- A música chega á Casa das Artes da man de “Xogo de espellos” de Javier Otero Neira, ás 00:30h. para público adulto, con música para piano electrónica e orquestra.
- Amais haberá visita libre ás exposicións: Colección Luis Torras e Fundación Laxeiro.
O Museo Verbum de Samil
- Acollerá unha intervención artística de arte urbana de Tamara Baz no exterior
- Os obradoiros “Marabillas xiratorias”, de xoguetes ópticos ás 21:00h. para nenas e nenos a partir de 5 anos e con reserva previa
- “Vestir na Idade de Ferro”, un taller de vestimenta castrexa, tamén con reserva, ás 22:30 horas.
- Teatro coa peza “Pum! Pum! Quen hai?”, ás 20:00h.para tódolos públicos sen reserva.
- A música de “El cuarto dorado”, novo disco do vigués Carlos Gil e da actriz Cora Velasco, ás 00:30 horas, sen reserva. Visita libre para tódolos públicos.
Casa Galega da Cultura
Permite a visita libre de 20:00h. a 2 da madrugada das exposicións do Museo Francisco Fernández del Riego e “[Bi]Sions. Dúas miradas sobre Vigo”, a mostra de fotografías de Antonio Gutiérrez e Jorge Lens.
MARCO
Ofrece visitas guiadas ás exposicións abertas nestes momentos ás 20:00, 22:00 e 00:00 horas: Daniel Verbis, Bosco Caride, Laía Argüelles e On The Table.
Villa solita e Museo Liste
- Villa Solita celebra a Noite Branca co concerto de Dúbida, ás 21:00h., con entrada libre ata completar aforo.
- Museo Liste programa a exhibición “Atando no peirao”, a cargo da Asociación de Redeiras do Baixo Miño e A Guarda, ás 20 horas, sen reserva
- Visitas guiadas á exposición permanente e temporal ás 21:30 e ás 23:00 horas.
Afundación
Súmase á celebración da Noite Branca en Vigo coa exposición «Héctor Francesch. Colección de favoritas».
A Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo permanecerá aberta ao público ata as 00.00 h. Ademais, ese mesmo día, o artista Héctor Francesch ofrecerá unha visita guiada á mostra na que contará curiosidades sobre as pezas expostas, explicará os seus procesos de creación cos múltiples e singulares soportes e materiais que utiliza e fará un percorrido pola súa traxectoria e as súas diferentes etapas creativas. Será ás 20.30 h coa entrada libre ata completar a capacidade.