Destacados Vigo al minuto

Licitada a construción doutras 58 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia

Trátase de dous grupos de 37 e 21 vivendas nas que se aplicarán técnicas de construción industrializadas

Luz verde á contratación da construción de 57 vivendas máis de promoción pública, en Navia

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas investirá máis de 13 millóns de euros na redacción de proxecto e construción de 58 vivendas de promoción pública que se levantarán nas parcelas M-IVB-20 e M-IVB-21 de San Paio de Navia, cuxo contrato ven de licitar.

A licitación inclúe dous lotes. Un prevé a construción de 37 vivendas na parcela M-IVB-20, e o outro 21 vivendas na parcela M-IVB-22. Estas dúas obras son as primeiras de San Paio de Navia que se realizarán con técnicas industrializadas.

Técnicas indutrializadas

Así, “é obrigada a aplicación de técnicas construtivas industrializadas”, o cal se realizará analizando os diferentes e principais sistemas existentes no sector e valorando a mellor relación calidade-prezo, considerando na devandita relación o grao de industrialización e a optimización para a súa aplicación particular nesta zona de Vigo.

Neste sentido, a execución das obras de edificación levarase a cabo aplicando unha ou varias patentes, que permitan axuntar arquitectura con prefabricación, nunha relación que permita optimizar (en prazo, en prezo, en sustentabilidade, en seguridade e/o en calidade e mellor uso e mantemento durante a vida útil do inmoble) a referida promoción.

Entre as técnicas industrializadas que se inclúen nas bases da licitación está o emprego de madeira, tanto na estrutura dos inmobles como en outros elementos dos mesmos. A construción industrializada é o motivo polo que se inclúe no mesmo contrato a redacción do proxecto e a construción das vivendas.

O financiamento da obra corresponde nun 84,42% a fondos da Xunta en un 15,58% a fondos da Unión Europea (Plan de recuperación, transformación e resiliencia).

También te puede interesar