Comarcas

O Porriño extende a rede de saneamento a 32 vivendas de Chenlo

Tamé acomete a mellora das escolas infantis ‘A Galiña Azul’ de Torneiros e Doantes de Sangue

O Porriño extende a rede de saneamento a 32 vivendas de Chenlo

O Consorcio de Augas do Louro vén de adxudicar as obras de extensión da rede de saneamento na parroquia de Chenlo, que beneficiará a preto de 100 veciños e veciñas.

Así, en total, executaranse 876 metros de tuberías e 40 pozos de rexistro de formigón, para conectar 32 vivendas.  Ademais, realizarase o recrecido de 13 arquetas existentes e 104 de cuneta de formigón.

A obra licitouse cun orzamento base de case 260.000€ e xa foi adxudicada por 240.000€, polo que os traballos darán comezo nas próximas semanas.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, visitou a zona onde se levarán a cabo as obras reiterando que “o compromiso do goberno local coa acometida do saneamento segue a ser firme e unha actuación prioritaria”.

Escolas infantís

Así mesmo, o Concello acometerá este verán varias actuacións de mellora nas dúas escolas infantís “A Galiña Azul do Municipio”. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, explicaron que en total investiranse 30.000€ nos traballos que mellorarán a funcionalidade de ambos centros.

No caso da Galiña Azul de Torneiros acometerase a remodelación integral do xardín traseiro, con especial atención ás medidas de seguridade e a creación dunha área de xogos adecuada para a cativada de 0 a 3 anos.  Inclúe a reforma da cuberta da pérgola, a limpeza e acondicionamento do muro, nivelación do terreo, reubicación das varandas, eliminando esquinas perigosas. Tamén a instalación de xogos infantís fabricados en base e madeira.

Nas instalacións da Galiña Azul de Doantes de Sangue adaptaranse os aseos, cambiando todo a instalación de fontanería e mobiliario, renovarase o da sala común e acometerase unha revisión integral das instalacións.

También te puede interesar