Destacados

Piden ao concelleiro Ángel Rivas que faga un oco na súa axenda de misas e procesións e medie na folga de Parques e Xardíns

E se non é así, que dimita

Piden ao concelleiro Ángel Rivas que faga un oco na súa axenda de misas e procesións e medie na folga de Parques e Xardíns

O Bloque Nacionalista Galego esixe ao concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, que medie para unha solución xusta na folga indefinida no servizo de mantemento de zonas verdes de Vigo ou dimita se é incapaz de facelo.

Dende o BNG responden así ás acusacións realizadas polo edil socialista, a quen lle reclaman unha rectificación das mesmas por responsabilizar con “falsidades” tanto ao persoal como ao propio Bloque da presenza de lixo e danos ao mobiliario urbano.

“Inútil e fora da realidade”

“As declaracións do señor Rivas son o retrato dun goberno tan inútil como fóra da realidade”, censurou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen considerou as declaracións do concelleiro de Parques e Xardíns da “máxima gravidade” e por faltarlle ao respecto á intelixencia das viguesas e dos vigueses pretendendo facer culpábel ao BNG de todos os problemas que crea a súa propia incapacidade na xestión”.

“Non moveu un dedo”

Igrexas esixiu ao edil que exerza as súas competencias lembrando que non moveu un só dedo para unha saída á folga neste servizo municipal da súa competencia, que cumpre este martes 8 xornadas. Que faga un oco na súa apretada axenda institucional de misas e procesións, para as que sempre está disposto con verdadeiro entusiasmo e nas que supoño que lle lembrarán que mentir é pecado, e dedique apenas uns minutos do seu tempo a escoitar ao persoal e a mediar para lograr unha solución xusta”, ironizou

O portavoz municipal nacionalista lembrou que o BNG leva demandando dende o inicio que o Goberno local actúe para mediar coa UTE concesionaria diante do bloqueo da negociación colectiva. De feito, Igrexas mantivo un encontro coa representación sindical para atender as súas reivindicacións fronte á ameaza de que os seus salarios se vexan empobrecidos e perdan poder adquisitivo.

Caballero sempre do lado das grandes empresas

Na mesma liña, lamentou que o Goberno de Abel Caballero volva aliñarse cunha gran concesionaria cando se produce un conflito laboral nun servizo de titularidade municipal en lugar de defender o interese público e o dereito das traballadoras e traballadores.

Igrexas lembra que isto foi o que ocorreu nos últimos anos no caso das folgas de Vitrasa; do servizo de limpeza de colexios ou na XER.

También te puede interesar