Cultura

Redondela celebra este sábado o ‘Entroido de Verán’

Con actividades para públicos de todas as idades, durante toda a madrugada

Redondela celebra este sábado o 'Entroido de Verán'

Xa está todo losto en Redondela para celebrar este sábado, día 24 Entroido de Verán, unha das citas máis agardadas da programación estival. Esta edición, a número 25, ofrece un intenso programa de actividades para públicos de todas as idades.

A alcaldesa destaca que a intención do Concello é ofrecer unha programación «que teña en conta tanto ao público infantil e familiar como á mocidade e público adulto, por iso os nenos teñen o seu propio espazo con actividades específicas». Así, faise unha aposta polos grupos locais e galegos con concertos de Uxía Lambona e Javi Maneiro, ademais dos picadiscos redondeláns Rodri Vegas, Carlos González, Borja Rúa e o porriñés Samu Peixe. O prato forte será o concerto de Coti.

Programa

As actividades no recinto do Campo da Feira comezarán ás 20.00h. coa sesión DJ a cargo de Carlos González e Borja Rúa. Ás 21.30h. chegará a xa tradicional Gala Drag. A bailarina e coreógrafa Hurakan Bastida será a presentadora deste evento que repartirá 1.800 euros en premios.

Finalizada a gala, chegarán os concertos:

  • O primeiro en subir ao escenario ás 23.00h. será Javi Maneiro. O artista, vocalista de grupos como Heredeiros da Crus ou Jabón Blue, fará vibrar ao público co seu rock.
  • Ás 00.30h. será a quenda de Coti. O músico arxentino, coñecido en América Latina e España por temas como «Antes que ver el sol», «Nada fue un erro» o «Otra vez». Xa consolidado como un creador de éxitos, Coti é recoñecido en todo o mundo pola popularidade e a repercusión das súas cancións, con letras e melodías inesquecibles.
  • Os Djs Samu Peixe e Rodri Veigas serán os encargados de pechar a festa cunha sesión que comezará ás 02.15 e rematará ás 04.00h..

Actividades para público infantil e familiar

A cita desde 2024 volve apostar polas actividades dedicadas aos máis pequenos. Así, o Entroido de Verán ofrecerá xogos e espectáculos para toda a familia en diferentes localizacións no centro da vila:

  • pista da Xunqueira e a Praza de Ponteareas acollerán inchables con auga desde as 18.00 ata as 21.00h.. Na praza de Ponteareas haberá ademais unha xincana con inchables.
  • Nestes mesmos recintos celebraranse festas da escuma ás 21.30h.
  • Na Praza da Casa da Torre, ás 20.30h., terá lugar o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, que porán a cantar e bailar a grandes e pequenos.

Consumo sostible

Como novidade, este ano todos os postos de venda de bebidas utilizarán vasos reutilizables co obxectivo de eliminar os envases de plástico dun só uso. Os vasos reutilizables serán de balde, ou mediante o depósito e posterior devolución da cantidade abonada.

Todos os postos de venda de bebidas nas rúas do centro da vila (Alfonso XII, Xeneral Rubín, Ribeira, Praza José Figueroa, Praza da Constitución, etc.) abrirán os aseos dos seus locais para o uso do público en xeral, ou ben instalarán un baño químico portátil.

Reforzo do de transporte público

Como en anos anteriores as empresas de transporte público ofrecen liñas especiais de ida e volta a Redondela desde Vigo, Pontevedra e O Porriño. Os autobuses sairán con destino a Redondela desde os diferentes puntos a partir das 18.00h., e haberá transporte de volta até as 06.00h.

Espazo libre de violencias machistas

Así mesmo, o Concello impulsa a campaña “Espazo libre de violencias machistas”, en colaboración cos
hostaleiros dos locais de ocio nocturno
que comprométense a prestar axuda a posibles vítimas de agresións machistas, ofrecerlles un lugar seguro e contactar cos servizos de emerxencias en caso necesario.

Por iso, tanto nas barras do propio recinto como no resto de locais de Redondela estará exposta a información de “Espazo libre de violencia machista” co teléfono de atención 112. A iniciativa púxose
en marcha o verán pasado “e ten continuidade ao longo de todo o ano nos espazos de lecer do Concello de Redondela. O seu obxectivo é facilitar aos establecementos ferramentas e protocolos de actuación ante posibles casos de agresións machistas, así como sensibilizar a toda a cidadanía e aos axentes implicados.

También te puede interesar