Comarcas

O Porriño acomete melloras na seguridade e servizos das Escolas Infantís

Ademais, a vindeira semana a caravana do Concello volve ás parroquias

O Porriño acomete melloras na seguridade e servizos das Escolas Infantís

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitaron as escolas infantís Galiña Azul do municipio: Torneiros e Doantes de Sangue. En ambos centros, aproveitáronse as vacacións de verán para realizar obras de mellora sen interferir na súa actividade.

Seguridade, mellora dos aseos e mobiliario

Na primeira delas, a de Torneiros, están a renovarse os espazos exteriores de lecer, con especial incidencia na incorporación de elementos de protección e seguridade, ademais de actualizar os propios xogos. Na de Doantes, está a executarse a fase final da mellora dos aseos iniciada o ano pasado e rematándose as zonas de almacenamiento e mobiliario no espazo para profesores.

A execución das obras -cun orzamento de 30.000 euros– corre a cargo do Concello, mentres o Consorcio asume o seu financiamiento mediante a compensación do importe das liquidacións que ten que aboar a Administración local por este servizo.

O rexedor incidiu na necesidade “de prestar especial atención ás instalacións infantís e adecualas ás súas necesidades para que poidan desenvolverse nelas con total seguridade”.

Centro de Día de Torneiros

A maiores investíronse 12.000 euros para renovar o acceso ao Centro de Día de Torneiros, coa instalación dunha pérgola inoxidable que mellora a protección dos usuarios en caso de choiva . Tamén está a axeitarse o xardín, incorporando parasoles e mobiliario para a realización de obradoiros ao aire libre.

A caravana do Concello, de novo en ruta

Doutra banda, o mércores 4 de setembro volve arrancar a oficina municipal móbil para achegar a administración local á veciñanza do rural.

Como sempre a caravana desprazarase os mércores de 09:00 a 13:00 h ao lugar sinalado. Este é o seu itinerario:

  • Comezará en Mosende, no torreiro de San Diego, a vindeira semana
  • Estará en no torreiro de Cans o 11 de setembro
  • No local social do Outeiro de Atios o 18
  • Despois no centro cultural do Casal-Chan de Budiño o día 25
  • No centro cultural Alba de Torneiros o mércores 2 de outubro
  • Seguirá o centro cultural de Pontellas o día 9
  • Logo o centro cultural de Chenlo o día 16
  • E rematará esta segunda volta no centro cultural As Mimosas do barrio de Carracido o día 23

Atención cidadá

A caravana ten como obxectivo “proporcionar unha cobertura completa ás necesidades dos cidadáns”, incluíndo temas relacionados con atención cidadá, urbanismo, limpieza, obras públicos ou saneamento. Permitirá rexistrar entradas e saídas de documentos, realizar consultas e recibir asesoramento sin necesidade de desprazarse ao centro urbano.

O propio alcalde estará disponible para citas na autocaravana, xunto con funcionarios habilitados, como un xesto mais por mellorar a comunicación e a transparencia, e ofrecer un enfoque personal e accesible á xestión municipal.

“A boa acollida que tivo esta iniciativa demostra que era moi necesaria para mellorar a eficiencia nos servicios municipais e, ao mesmo tempo, fortalecer a conexión entre o Concello e a veciñanza”, concluíu Alejandro Lorenzo.

También te puede interesar